Hipoxeos de Quinta do Anjo


Os hipoxeos de Quinta do Anjo son un conxunto de catro grutas artificiais realizadas cara fins do neolítico e principios do calcolítico situadas na freguesía de Quinta do Anjo no concello de Palmela en Portugal. Debido á súa importancia histórica foron declarados Monumento Nacional en 1934.

Grutas de Quinta do Anjo
Grutas de Quinta do Anjo

Situación

editar

Emprazados nun terreo adquirido polo concello de Palmela, nun outeiro calcario creado no miocénico, sitúanse ó remate do núcleo urbano da parroquia de Quinta do Anjo, entre as rúas Duque de Palmela e Manuel Joao de Lima Simoes, desembocando en sendas pistas terreas que dan ó monumento.

Características

editar

Encadrados dentro do Parque Natural da Arrábida e orientados cara diferentes direccións, contan con certas características comúns. Constan dunha galería de entrada que dá acceso a unha sala abovedada de planta circular dun diámetro de en torno a 5 metros. Neles non se realizaban enterramentos primarios, senón que eran empregados como osarios. O seu estado actual está algo deformado con respecto ó de orixe, xa que foron empregados durante o século XIX como canteira. A súa construción foi datada, moi posiblemente polo polen atopado, entre os meses de marzo e outubro.

Escavacións

editar

As primeiras escavacións con rigor científico foron realizadas en 1876 por Antonio Mendes e Agostinho da Silva, e en 1906 polo Marqués da Costa. Anteriormente un aristócrata do lugar foi coleccionando obxectos que ían aparecendo, sendo posteriormente doados ás autoridades culturais.

Materiais atopados

editar

Multitude de materiais atopáronse nas diferentes covas; entre eles:

  • Industria lítica: tanto de pedra puída como lascada: lascas, láminas, núcleos, puntas de frecha, machados, raspadores, xubias...
  • Cerámica: tanto decorada como non decorada e campaniforme: cuncas, vasos, cazolas e fragmentos de forma indeterminada.
  • Artefactos metálicos: pezas de cobre, punzóns, puntas de frecha, pequenos tubos, espirais e placas todas de ouro.
  • Adornos: fragmentos de colar de acibeche, alfinetes, botóns de óso antropomorfos, pendentes, dentes de animais perforados, conchas perforadas...
  • Outros: ídolos relixiosos cilíndricos, ósos retocados, puntas de óso, fragmentos de brazais, numerosos restos de fauna, ósos humanos, moluscos, seixos, placas gravadas, fragmentos de puñais de óso, restos de peixes, ovicaprinos e cabalos.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Soares, Joaquina. Os Hipogeus Pré-históricos da Quinta do Anjo (Palmela) e as Economías do Simbólico. Museu de Arqueologia e Etnografía do Distrito de Setúbal. Setúbal, 2003.

Ligazóns externas

editar

Páxina da Dirección Xeral de Monumentos Nacionais Portugueses sobre os Hipoxeos (aínda que con algún pequeno erro)[Ligazón morta]