Hipótese da Terra púrpura

A hipótese da Terra púrpura é unha hipótese astrobiolóxica que sostén que as formas de vida da Terra primitiva estaban baseadas na molécula retinal en vez de na clorofila, facendo que a Terra aparecese de cor púrpura en vez de verde.[1][2] Un exemplo de organismos baseados no retinal que existen hoxe son os microbios fotosintéticos denominados haloarqueas.[3] Moitas Haloarchaea conteñen a proteína con retinal, bacteriorrodopsina, situada nas súas membranas púrpuras, que leva a cabo o bombeo de protóns impulsado pola luz, xerando un gradiente protón-motriz a través da membrana celular e orixinando a síntese de ATP. A membrana púrpura haloarqueana constitúe un dos sistemas bioenerxéticos máis simples coñecidos para captar enerxía da luz.

Cultivo púrpura (esquerda) e columna (dereita) con gradiente de sacarosa cos pigmentos compoñentes das membranas de haloarqueas

A membrana púrpura que contén retinal mostra un pico de absorción de luz centrado na rexión rica en enerxía verde-amarela do espectro solar, o que permite a transmisión de luz vermella e verde e dá como resultado unha cor púrpura.[4] Os pigmentos clorofílicos, ao contrario, absorben luz vermella e azul, pero pouca ou ningunha luz verde, o que ten como resultado a característica cor verde das plantas, cianobacterias e membranas fotosintéticas. Os microorganismos con pigmentos púrpuras e verdes frrecuentemente coexisten en comunidades estratificadas nas que poden utilizar rexións complementarias do espectro solar.

A simplicidade dos pigmentos retinal das haloarqueas en comparación coas membranas fotosintéticas máis complexasv baseadas na clorofila, así como a súa asociación con lípidos isoprenoides na membrana celular, xunto co descubrimento de compoñentes da membrana arqueana en sedimentos antigos da Terra primitiva, son datos consistentes coa aparición temperá de formas de vida con membrana púrpura antes da aparición da fotosíntese verde. A coexistencia de microorganismos que teñen pigmentos púrpuras e verdes en moitos ambientes suxire a súa coevolución. Os astrobiólogos sinalaron que os pigmentos baseados no retinal poden servir como biosignaturas remotas na investigación de exoplanetas.[5]

Notas editar

  1. DasSarma, Shiladitya; Schwieterman, Edward W. (11 October 2018). "Early evolution of purple retinal pigments on Earth and implications for exoplanet biosignatures". International Journal of Astrobiology: 1–10. Bibcode:2018arXiv181005150D. ISSN 1473-5504. arXiv:1810.05150. doi:10.1017/S1473550418000423. 
  2. Sparks, William B.; DasSarma, S.; Reid, I. N. (December 2006). "Evolutionary Competition Between Primitive Photosynthetic Systems: Existence of an early purple Earth?". American Astronomical Society Meeting Abstracts 38: 901. Bibcode:2006AAS...209.0605S. 
  3. DasSarma, Shiladitya (2007). "Extreme Microbes". American Scientist 95 (3): 224. ISSN 0003-0996. doi:10.1511/2007.65.224. 
  4. Stoeckenius, Walther (1976). "The Purple Membrane of Salt-loving Bacteria". Scientific American 234 (6): 38–47. Bibcode:1976SciAm.234f..38S. ISSN 0036-8733. JSTOR 24950370. PMID 935845. doi:10.1038/scientificamerican0676-38. 
  5. Schwieterman, Edward W.; Kiang, Nancy Y.; Parenteau, Mary N.; Harman, Chester E.; DasSarma, Shiladitya; Fisher, Theresa M.; Arney, Giada N.; Hartnett, Hilairy E.; Reinhard, Christopher T. (June 1, 2018). "Exoplanet Biosignatures: A Review of Remotely Detectable Signs of Life". Astrobiology 18 (6): 663–708. Bibcode:2018AsBio..18..663S. ISSN 1531-1074. PMC 6016574. PMID 29727196. arXiv:1705.05791. doi:10.1089/ast.2017.1729. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar



 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.