Hinode
Hinode, previamente coñecido como SOLAR B, é un observatorio espacial da axencia xaponesa ISAS (agora reconvertida na JAXA) lanzado o 22 de setembro de 2006 mediante un foguete M-5 desde o Centro Espacial de Uchinoura xunto con outros satélites, como o Hitsat.[2][5][6]
Hinode / SOLAR B | |
---|---|
Representación artística de Hinode. | |
Tipo | Científico |
Organización | ISAS |
Data de lanzamento | 22 de setembro de 2006, 21:36 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | M-5[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Uchinoura[2][6] |
Obxectivo da misión | Observación solar non visible, ultravioleta e raios X.[2][6] |
NSSDC ID | 2006-041A |
Masa | 700,0 kg[2][5][6] |
Potencia | 500 vatios[2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7061 km[1] |
Inclinación | 98,1 graos |
Apoapse | 701,9 km[1] |
Periapse | 678,3 km[1] |
Características
editarHinode é un observatorio espacial xaponés con colaboración internacional e sucesora da misión Yohkoh (SOLAR A). A misión do observatorio é realizar estudos do Sol no rango óptico, ultravioleta e de raios X co obxectivo de desvelar os mecanismos da interacción entre o campo magnético solar e a súa atmosfera ionizada a alta temperatura para facilitar a comprensión da variabilidades solar.[2][5]
Hinode ten resolución de abondo para medir o vector do campo magnético a escalas dos tubos de fluxo solares, podendo relacionar os cambios de estado magnético cos sucesos coronais e as erupcións solares.[2][5]
Hinode foi inxectado nunha órbita inicial heliosincrónica de 686 km de apoxeo e 280 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 98,3 graos e un período de 105 minutos.[1][3][6]
Experimentos
editar- Telescopio de raios X: pode observar a coroa (con temperaturas de 500.000 a 10 millóns de Kelvin) cunha resolución de 1 segundo de arco.
- Cámara espectrómetro do ultravioleta extremo: mide a velocidade e outros parámetros do plasma da coroa e da rexión de transición para correlacionar o comportamento dinámico da coroa (medido polo telescopio de raios X) co campo magnético fotosférico (medido polo telescopio óptico).
- Telescopio óptico: mide o campo magnético fotosférico.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "HINODE (SOLAR B)" (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (27 de marzo de 2013). "Hinode" (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 "Note verbale dated 20 March 2007 from the Permanent Mission of Japan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (07-82185): 5. 11 de abril de 2007. Consultado o 15 de abril de 2013.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "SOLAR-B / Hinode" (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Solar B (Hinode)" (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "Hinode" (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hinode |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina de Hinode na NASA
- Páxina de Hinode na JAXAArquivado 01 de maio de 2013 en Wayback Machine.