Higinio Rodríguez Mármol

político galego

Higinio Rodríguez Mármol, nado na Torre (Porqueira) en 1886 e finado en Xinzo de Limia en 1976, foi un político galego.

Infotaula de personaHiginio Rodríguez Mármol
Biografía
Nacemento1886 Editar o valor em Wikidata
A Torre, España Editar o valor em Wikidata
Morte1976 Editar o valor em Wikidata (89/90 anos)
Xinzo de Limia, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Porqueira
Alcalde de Xinzo de Limia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , empresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Emigrou a Cuba, e iniciouse en 1917 na loxa “Obreros de Morón” de Camagüey, alcanzando o grao terceiro. Regresou a Galicia en 1921 con 36 anos. Instalouse en Ganade (Xinzo de Limia) e casou coa mestra Ramona Iglesias Nóvoa, coa que tivo nove fillos. Foi levador de libros da Casa Eire de Ourense, e despois converteuse en industrial muiñeiro. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi alcalde de Porqueira de 1925 a 1927 e na Segunda República foi concelleiro e alcalde interino de Xinzo de Limia. En 1934 ingresou na loxa “Constancia nº 13” de Ourense con simbólico de “Martí” e pertenceu á xunta protectora da Escola Laica Neutral de Ourense. Volveu ser concelleiro de Xinzo de maio a xullo de 1936 por Izquierda Republicana e foi elixido alcalde.

Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 non fixo oposición. Foi cesado o 5 de agosto e detido o 21 de novembro acusado de masón. Foi recluído na Prisión Provincial de Ourense e despois na de Celanova até mediados de xaneiro de 1937. Volveu ser detido o 16 de maio dese ano,[1] permanecendo en prisión até o 27 de decembro de 1939, cando saíu en liberdade provisional, para ingresar novamente o 9 de febreiro de 1940, continuando detido até o 11 de abril. Fóronlle incautados os bens e polo Juzgado Especial de Incautaciones o Confiscaciones de Ourense instruíuse causa por responsabilidade, impoñéndolle 3.000 pesetas de multa. Xulgado en 1944, foi condenado a 12 anos e un día de reclusión menor. Encarcerado na Prisión Provincial de Madrid presentou recurso ante o Consello de Ministros, e o 31 de maio de 1946 conmutáronlle a pena inicial pola de 6 anos e un día de confinamento. En xuño de 1945 puido saír en prisión atenuada no seu domicilio e permaneceu nesa situación até xullo de 1950.


Predecesor:
?
  
Alcalde de Porqueira
 
1925 - 1927
Sucesor:
?
Predecesor:
Augusto Peláez Quelle
  
Alcalde de Xinzo de Limia
 
1936
Sucesor:
-


Vida persoal editar

Casou coa mestra Ramona Iglesias Nóvoa, que finou o 5 de agosto de 1968, e foi pai de Carmen, Aurora, Concha, Adelaida, Ramón, Balisila, Antonio, Manuel e José Rodríguez Iglesias.[2]

Notas editar

  1. La Región, 20-5-1937, p. 5.
  2. La Región, 6-8-1968, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Martínez Cerredelo, Edelmiro (2008). A Limia: 1931-1953. Historia e memoria. Sarreaus: Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso". pp. 361–364. ISBN 978-84-612-6855-9. 

Ligazóns externas editar