Abrir o menú principal
Hi'iaka
2003EL61art.jpg
Representación artística de Haumea e das súas dúas lúas Hi'iaka e Namaka
Descubrimento
Descuberto por Michael E. Brown, Chad Trujillo, David Rabinowitz e o seu equipo.
Data do descubrimento 26 de xaneiro do 2005
Designacións
Designación MPC Haumea I Hi'iaka
Designación alternativa (136108) 2003 EL61 I,
S/2005 (2003 EL61) 1
Características Orbitais[1]
Eixo Semi-maior 49.880 ± 198 km
Excentricidade 0,0513 ± 0,0078
Período Orbital 49,12 ± 0,03 días
Inclinación 126,356 ± 0,064°°
Satélite de Haumea
Características Físicas
Diámetro medio ~155 km
Masa 1,79 ± 0,11 x 1019 kg[1] (0.45% de Haumea)
Densidade media (descoñecida; próxima ó 1 se o xeo é de auga)
Período de rotación sideral (descoñecido)
Oblicuidade (descoñecido)
Albedo (descoñecido)
Temperatura 32 ± 3 K
Magnitude aparente 3,3 diferenciándose do seu planeta que ten 17,3

Hi'iaka é a máis grande e exterior das dúas lúas do planeta anano Haumea.

Descubrimento e bautizoEditar

Hi'iaka foi o primeiro dos satélites descubertos ó redor de Haumea. O chamada coma unha das fillas de Haumea, Hi'iaka, filla da que é deusa da fertilidade e patroa da Illa de Hawaii, a lúa recibiu ó principio o alcume de "Rudolph" por parte do equipo do descubrimento. Orbita ó seu planeta cada 49,12 ± 0,03 días a unha distancia de 49.880 ± 198 km, cunha excentricidade de 0,0513 ± 0,0078 e unha inclinación de 126,356 ± 0,064°. Eventos esperados para xullo do 2009 poderían aclarar e achegar datos máis precisos sobre ás órbitas e masas dos obxectos que compoñen o sistema de Haumea[1].

Tamaño e albedosEditar

O albedo medido é de 5,9 ± 0,5 % que trasladado a diámetro, da coma resultado un 22 % do diámetro do seu planeta, o que ven sendo arredor 350 km, asumindo có albedo é semellante ó de Haumea. Para poñelo en perspectiva, esta lúa podería podería se-lo quinto asteroide (sen conta-los trans-neptunianos) en tamaño, despois de 1 Ceres, 2 Pallas, 4 Vesta, e 10 Hygiea, se estivese situado no cinto de asteroides, entrando así na lista de asteroides notables do Sistema Solar.

MasaEditar

A masa de Hi'iaka foi estimada en 1,79 ± 0,11 x 1019 kg[1] usando a astrometría dos telescopios Hubble e Keck e colocando 3 corpos celestes para o modelo de centro de masas do sistema de Haumea.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 D. Ragozzine, M. E. Brown Orbits And Masses Of The Satellites Of The Dwarf Planet Haumea = 2003 EL61, To appear in The Astronomical Journal (2009) Preprint on arXiv

Véxase taménEditar