Hesitation Marks é o oitavo álbum da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, publicado o 2 de setembro de 2013 no Reino Unido e o día seguinte nos Estados Unidos a través do selo Columbia Records. Trátase do seu primeiro disco dende The Slip, lanzado en 2008, e a súa primeira edición con Columbia. O seu título deriva do termo hesitation wounds, que son as feridas producidas ao probar unha arma branca antes dun intento de suicidio ou de auto-lesionarse.

Hesitation Marks
Álbum de Nine Inch Nails
Publicado2 de setembro do 2013 (RU)
3 de setembro do 2013 (EEUU)
Gravación2012 - 2013
Duración61:50
Xénero(s)rock industrial, rock alternativo, música electrónica
Selo(s)Columbia/The Null Corporation
Producido porTrent Reznor, Atticus Ross, Alan Moulder
Cronoloxía
The Slip Hesitation Marks -

O primeiro sinxelo, "Came Back Haunted", apareceu o [[día 6 de xuño de 2013. O 12 de agosto, Amazon UK lanzou oficialmente o segundo tema, "Copy of A", dispoñible gratuitamente como descarga dixital. O 22 de agosto, unha copia para a radio de "Find My Way" foi subida a YouTube. O día 27 dese mesmo mes o álfum foi posto en streaming en iTunes despois de que fose filtrado en Internet. Hesitation Marks está dispoñible con dúas masterizacións distintas para a súa descarga dixital, unha verión "estándar" e a "Audiophile Mastered Version" (esta última con maior rando dinámico, sen que pretenda competir na guerra do volume).

Listaxe de cancións editar

Todos os temas compostos por Trent Reznor, agás "The Eater of Dreams" por Trent Reznor e Alessandro Cortini. "While I'm Still Here" contén unha interpolación lírica de "Weary Blues From Waitin'", composta e interpretada por Hank Williams.

N.º Título Duración
1. "The Eater of Dreams"   0:52
2. "Copy of A"   5:23
3. "Came Back Haunted"   5:17
4. "Find My Way"   5:16
5. "All Time Low"   6:18
6. "Disappointed"   5:44
7. "Everything"   3:20
8. "Satellite"   5:03
9. "Various Methods of Escape"   5:01
10. "Running"   4:08
11. "I Would for You"   4:33
12. "In Two"   5:32
13. "While I'm Still Here"   4:03
14. "Black Noise"   1:29
Edición xaponesa
N.º Título Duración
15. "Everything" (Autolux Remix)  
Edición Deluxe
N.º Título Duración
15. "Find My Way" (Oneohtrix Point Never Remix) 4:47
16. "All Time Low" (Todd Rundgren Remix) 5:49
17. "While I'm Still Here" (Breyer P-Orridge 'Howler' Remix) 7:03
Edición de iTunes
N.º Título Duración
18. "Trent Reznor In Conversation With..."   41:58