Hersey Hawkins
Hersey R. Hawkins, Jr., nado en Chicago (Illinois) o 29 de setembro de 1966, é un antigo xogador de baloncesto profesional estadounidense que xogou na National Basketball Association (NBA).
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 29 de setembro de 1966 (58 anos) Chicago, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Residencia | Chicago | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | George Westinghouse College Prep (en) Bradley University (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 190 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 86 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador de baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1988 - 2001 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Los Angeles Clippers | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1988 | Xogos Olímpicos de 1988 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Corey Hawkins | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria deportiva
editarUniversidade
editarHersey pasou catro tempadas na Universidade de Bradley. Na tempada 1987-1988, 36.6 puntos por partido, a marca máis alta na División I da NCAA, e foi escollido xogador universitario do ano do país. A súa carreira baloncestística na universidade foi moi exitosa. Antes de ser drafteado na NBA, foi membro da selección de baloncesto dos Estados Unidos nos Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl xunto a outras once futuras estrelas da NBA, adestrados por John Thompson.
NBA
editarPhiladelphia 76ers
editarFoi elixido na 6ª posición no Draft da NBA de 1988 polos Los Angeles Clippers, pero os seus dereitos foron traspasados inmediatamente aos Philadelphia 76ers, a cambio dos dereitos do seu antigo compañeiro das Olimpiadas de 1988, Charles Smith. Nos Sixers, "Hawk" foi a segundo opción de anotación por detrás de Charles Barkley. Hawkins foi escollido no segundo equipo de Rookies da NBA en 1989. En 1991, acadou 22.1 puntos por partido, e xogou o NBA All-Star Game. Nun partido contra os Orlando Magic, anotou 43 puntos, a mellor marca da súa carreira.
Charlotte Hornets
editarEn 1993, Hawkins foi traspasado aos Charlotte Hornets a cambio de Dana Barros, Sidney Green e eleccións do Draft. En 1994, colleu 14 rebotes, o maior número acadado na súa carreira, contra os Houston Rockets.
Seattle SuperSonics
editarTras dúas tempadas produtivas en Charlotte, Hawkins e David Wingate foron traspasados aos Seattle SuperSonics a cambio de Kendall Gill. En 1996, xogou un papel importante no equipo, sendo un bo complemento de Gary Payton, Detlef Schrempf e Shawn Kemp, nos Sonics que chegaron ás Finais da NBA, pero perderon por 2-4 contra os Chicago Bulls.
Na súa derradeira tempada en Seattle, gañou o premio ao xogador máis deportivo da NBA.
Chicago Bulls
editarO 12 de agosto de 1999, Hawkins foi traspasado aos Chicago Bulls, pero a súa etapa dun ano en Chicago foi moi pobre debido ás lesións, e tan só fixo 7.9 puntos por partido en 61 encontros.
Regreso a Charlotte
editarChegou de volta a Charlotte coma axente libre no ano 2000, e retirouse no ano 2001, cun total de 14.470 puntos anotados na súa carreira.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en NBA.com
- Estadísticas da súa carreira Arquivado 25 de abril de 2013 en Wayback Machine.