Hermolao de Constantinopla

Hermolao (en grego Ἑρμόλαος e en latín Hermolaus) foi un escritor grego de Constantinopla .

Infotaula de personaHermolao de Constantinopla
Biografía
NacementoConstantinopla Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Sábese que escribiu un epítome sobre unha obra de Estevo de Bizancio titulada Ἐθνικά ('Ethnica'), un libro de enorme valor en termos de información xeográfica, mitolóxica e relixiosa sobre a antiga Grecia. O epítome estaba dedicado ao emperador Xustiniano, segundo a enciclopedia Suidas, pero non se sabe se viviu na época de Xustiniano I ou Xustiniano II. Este epítome é probabelmente o titulado Ἐκ τῶν ἐθνικῶν Στεφαάνου κατὰ ἐπιτομήν que se conserva e non ten nome de autor. Na súa forma actual, a obra parece que sufriu unha considerábel mutilación[1].

  1. Hermolaus en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. II Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 422