Herminio Martínez Álvarez

futbolista galego

Herminio Martínez Álvarez, nado en Bouzas (Vigo) o 6 de xaneiro de 1896 e finado o 13 de xullo de 1976, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de defensa, coñecido deportivamente como Cuqui.

Herminio Martínez Álvarez
Información persoal
Nacemento 6 de xaneiro de 1896
Lugar de nacemento Bouzas
Falecemento 13 de xullo de 1976
Posición atacante
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a despuntar como futbolista xogando no Real Club Fortuna de Vigo, a onde chegou en 1916. As súas boas características fixñeronse coñecidas en gran parte do estado, que levou a un axente do Sevilla FC a desprazarse ata Vigo para fichalo, naqueles anos nos que o fútbol aínda era un deporte afeccionado. Así ficha polo Sevilla en 1919, onde xogaría ata 1926.

A súa retirada do fútbol foi a causa dunha grave lesión, a rotura do menisco, por aquel entón incurábel. Esta sería a primeira de varias desgrazas que sufriu, como o bombardeo de Córdoba durante a guerra civil española ou unha trombose da que xa non se recuperaría.

Internacional editar

O seu bo papel no Sevilla FC fixo que fose convocado en dúas ocasións coa Selección de fútbol de España, ante Portugal nos dous casos, o 16 de decembro de 1923 e o 17 de maio de 1925.