Hermigua

Hermigua é un municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife. Está situado no norte da illa de La Gomera (Canarias).

Hermigua
Hermigua band.svg
Hermigua esc.png
Localización
La Gomera municipio Hermigua.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCanarias Canarias
ProvinciaProvincia de Santa Cruz de Tenerife - Bandera.svg Santa Cruz de Tenerife
IllaBandera La Gomera.PNG La Gomera
Xeografía
Altitude210 msnm
Superficie39,67 km²
Demografía
Poboación2.232 hab. (2011)
Densidade56,26 hab/km²
XentilicioHermigüense
Outros datos
Código postal38820
AlcaldeMaría Solveida Clemente Rodríguez (CCN)
www.hermigua.org

Ten unha extensión de 39,67 km² e unha poboación de 2.170 habitantes (INE, xaneiro de 2007). A súa altitude é de 210 metros sobre o nivel do mar e ten unha Lonxitude de costa de 8,35 km

Algúns lugares de interese do municipio son o Convento de San Pedro (1598), a Igrexa da Encarnación e o Museo Etnográfico. Un dos casaríos de Hermigua é El Cedro, situado nos límites do Parque Nacional de Garajonay e dentro do bosque do mesmo nome caracterizado pola presenza de laurisilva.

PoboaciónEditar

Os principais núcleos de poboación, ademais do casco, son Las Casas, Piedra Romana, Santa Catalina, El Estanquillo e Ruela de Ordaiz.

Ano Poboación Densidade
1991 2.120 53,44 hab/km²
1996 2.150 54,20 hab/km²
2001 2.038 51,37 hab/km²
2002 2.151 54,22 hab/km²
2003 2.167 54.63 hab/km²
2004 2.176 54,85 hab/km²
2006 2.147 54,12 hab/km²
2007 2.170 54,7 hab/km²

EconomíaEditar

A economía do municipio está baseada principalmente na agricultura (plátano, viño) e no turismo rural. Con respecto a este último, Hermigua converteuse nun dos puntos principais de oferta deste tipo de turismo na Gomera.

HistoriaEditar

 
Parque en Hermigua

En 1680 Hermigua tiña 930 habitantes e 188 casas. Debido á crise vitivinícola no século XVIII, a economía vese afectada seriamente, aumentando a emigración, e xa que logo, prodúcese un descenso do número de habitantes. En 1812 constitúese como concello, acabado o réxime señorial. A comezos do século XX realízanse unha serie de obras no val para levar a auga a todos os cultivos, caracterizados sobre todo polo plátano. O municipio chega aos 5.824 habitantes en 1940, pero descende a poboación a partir dese ano debido ao fenómeno da emigración.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar