Abrir o menú principal

Hermann Rorschach

Hermann Rorschach, nado en Zúric o 8 de novembro de 1884 e finado en Herisau o 2 de abril de 1922, foi un psiquiatra e psicanalista suízo, coñecido sobre todo pola elaboración da proba que leva o seu nome, o Test de Rorschach.

Hermann Rorschach
Hermann Rorschach c.1910.JPG
Nacemento8 de novembro de 1884
 Zúric
Falecemento2 de abril de 1922
 Herisau
Causaperitonite
Soterradocemetery Nordheim
NacionalidadeSuíza
Alma máterUniversidade de Zúric e Universidade de Berna
Ocupaciónpsiquiatra e psicanalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu en Suíza, no seo dunha familia con poucos recursos económicos. O seu pai era un pintor sen gran éxito na súa profesión e que daba clases de pintura nunha escola preparatoria para homes.

Durante os seus estudos na etapa secundaria, Rorschach demostrou especial entusiasmo por entintar sobre papel e pegalo, de tal maneira que obtiña formas de paxaros ou bolboretas, o cal mesmo lle valeu ser alcumado co nome de "kleck", que significa «mancha».

Ao terminar a escola, interesouse pola pintura e comezou estudos en ciencias naturais, e ingresou na escola de medicina en 1904. Tras graduarse en 1909 interesouse pola psiquiatría.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar