Hermann Lietz
pedagogo alemán
Hermann Lietz, nado o 28 de abril de 1868 en Dumgenevitz, Rügen e finado o 12 de xuño de 1919 en Haubinda, Turinxia, foi un pedagogo reformista alemán, fundador das escolas rurais en réxime de internado de Alemaña (Landerziehungsheime für Jungen).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de abril de 1868 Dumgenevitz, Rügen |
Morte | 12 de xuño de 1919 (51 anos) Haubinda, Turinxia |
Director de escola | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Halle-Wittenberg Universidade de Jena |
Actividade | |
Campo de traballo | Pedagoxía |
Ocupación | Pedagogo e director de escola |
Familia | |
Cónxuxe | Jutta Lietz (1911–) |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
Traxectoria
editarEn 1898 ensinou na escola Abbotsholme para nenos, fundada en 1889 no condado inglés de Derbyshire, por Cecil Reddie. Nela Lietz ficou abraiado polo sistema educativo de Abbotsholme, que combinaba a instrución individual integral co exercicio físico e o tempo de lecer. En 1904 fundou tres escolas baseadas no sistema de Reddie para nenos de diferentes idades en Ilsenburg, Haubinda e Bieberstein. Finalmente, chegou a estabelecer cinco escolas máis.[1]
Publicacións
editar- Reform der Schule durch Reformschulen. Kleine Schriften. Hg. von R. Koerrenz. Jena 2005 (Pädagogische Reform in Quellen Bd. 1)
- Des Vaterlandes Not und Hoffnung. Veckenstedt 1919
- Lebenserinnerungen. Weimar 1935
- Freseni. Veckenstedt (Harz) o.J.
- Emlohstobba. Roman oder Wirklichkeit? Bilder aus dem deutschen Schulleben der Vergangenheit, Gegenwart oder Zukunft? Berlin 1897
Notas
editar- ↑ Encyclopædia Britannica (ed.). "Hermann Lietz. German educational reformer". Consultado o 28 de outubro de 2015.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Ralf Koerrenz : Hermann Lietz : Grenzgänger zwischen Theologie und Pädagogik. Frankfurt am Main 1989
- Ralf Koerrenz : Hermann Lietz. Lüneburg 1994 (Ed. Erlebnispädagogik)
- Elisabeth Kutzer (Hrsg) : Hermann Lietz. Zeugnisse seiner Zeitgenossen. Stuttgart 1968
- Frank Wild : Askese und asketische Erziehung als pädagogisches Problem. Zur Theorie und Praxis der frühen Landerziehungsheimbewegung zwischen 1898 und 1933. Frankfurt 1997
- Jürgen Oelkers : Was Bleibt von der Reformpädagogik?. FAZ.NET 16. März 2010