Saponaria
Saponaria | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Saponaria ocymoides | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
Ver texto. |
Saponaria é un xénero de herbas perennes pertencentes á familia Caryophyllaceae, nativo do sur de Europa e suroeste de Asia. Comprende 128 especies descritas e destas, só 14 aceptadas.[1] Estas herbas coñécense comunmente como xaboeiras, albitornos, herbas das ferreñas, herbas xaboeiras, e saponarias.[2]
Descrición
editarAcadan unha altura de entre 10 e 60 cm, con follas opostas de 1 a 6 cm de lonxitude. As flores prodúcense en agrupacións sobre os talos de 4 a 25 mm de diámetro, con cinco pétalos brancos, amarelos, rosas ou púrpura pálido.
O xénero está estreitamente ligado cos xenereos Lychnis e Silene, distinguíndose destes por ter só dous estilos nas flores, en lugar de tres ou cinco.
Ecoloxía
editarEspecies de Saponaria son o alimento das larvas dalgunhas especies de lepidópteros, incluíndo a couza, Hadena bicruris e Coleophora saponariella (que come exclusivamente de Saponaria spp).
Taxonomía
editarO xénero foi descrito por Carl Linnaeus e publicado en Species Plantarum 1: 408. 1753.[3] A especie tipo é: Saponaria officinalis Gilli.
Saponaria: nome xenérico que deriva do latín sapo = (xabón), en alusión ás propiedades que teñen as raíces en contacto coa auga.
Especies aceptadas
editarA continuación dáse unha listaxe das especies do xénero Saponaria aceptadas até outubro de 2013, ordenadas alfabeticamente. Especies aceptadas:[4]
- Saponaria bargyliana[5]
- Saponaria bellidifolia
- Saponaria caespitosa
- Saponaria calabrica
- Saponaria karapinarensis[6]
- Saponaria kotschyi[7]
- Saponaria lutea
- Saponaria ocymoides
- Saponaria officinalis
- Saponaria pamphylica[8]
- Saponaria pumila[9]
- Saponaria pumilio
- Saponaria sicula
- Saponaria suffruticosa[10]
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ Saponaria en PlantList
- ↑ "saponaria no DRAG". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 24 de agosto de 2015.
- ↑ "Saponaria". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 28 de outubro de 2013.
- ↑ Saponaria. GRIN.
- ↑ Mutlu, B. (2006). Saponaria bargyliana Gombault (Caryophyllaceae): a new record for Turkey and analysis of its morphological characters with related species. Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Turk. J. Bot 30, 63-70.
- ↑ Vural, M., et al. (2006). Saponaria karapinarensis, Senecio salsuginea and Centaurea tuzgoluensis, three new species from central Anatolia, Turkey. Belgian Journal of Botany 139(2), 252-60.
- ↑ Ataslar, E. (2004). Morphological and anatomical investigations on the Saponaria kotschyi Boiss.(Caryophyllaceae). Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Turk. J. Bot 28, 193-99.
- ↑ Çinbilgel, İ., et al. (2007). Morphological and anatomical study on endemic Saponaria pamphylica Boiss. & Heldr.(Carypohyllaceae). J. Appl. Biol. Sci 1, 19-25.
- ↑ Tribsch, A., et al. (2002). Saponaria pumila (Caryophyllaceae) and the ice age in the European Alps. American Journal of Botany 89(12), 2024-33.
- ↑ Dönmez, A. A. (2009). Saponaria suffruticosa (Caryophyllaceae): An enigmatic species from south-west Asia on border of Turkey and Iraq. Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Hacettepe J Biol 37(3) 181-87.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Saponaria |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Saponaria |