Herba de Santiago
Herba de Santiago | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Senecio jacobaea | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
'Senecio jacobaea' L. |
A herba de Santiago ou herba do sapo[1] (Senecio jacobaea) é unha planta de flor brava moi común da familia Asteraceae que se atopa distribuída por toda Europa, normalmente en espazos abertos e en terreos con certo grao de humidade, ben drenados. É común en Galiza en prados e lameiros, floreando de maio a agosto. Caracterízase polo seu recendo lixeiro.
Descrición
editarÉ unha planta herbácea bianual ou perenne. Os vástagos son ergueitos, rectos, teñen uns poucos pelos, e acadan unha altura de 0,3 a 2 metros. As follas son lobuladas pinnadas e o lóbulo do extremo está embotado. En inglés ten moitos nomes que inclúen a verba fart (que fede), por mor do fedor das súas follas. En galego tamén recibe o nome de herba do sapo. As flores son capítulos hermafroditas dun diámetro de 1,5 a 2,5 centímetros, rematado plano e se presentan en acios mestos, os floretes (falsos pétalos) son de cor amarela brillante. Ten un período de floración longo dende xuño a novembro.
A polinización fana as abellas, moscas e lepidópteros (avelaíñas e bolboretas). Nunha estación, unha planta pode producir 2000 a 2500 flores amarelas en 20 a 60 capítulos, de remate plano corimbos. Con estas cifras, as cantidades de sementes que se producen pode ser tan grande como de 75.000 a 200.000, aínda que moi poucas destas dan lugar a plantas novas e a investigación demostrou que as sementes non viaxan a gran distancia da planta proxenitora.
Taxonomía
editarAcéptanse dúas subespecies:
- Senecio jacobaea ssp. jacobaea - a planta típica, cos floretes (falsos pétalos) radiantes na inflorescencia.
- Senecio jacobaea ssp. dunensis - sen os floretes radiantes da inflorescencia.
Hábitat e distribución
editarPódese atopar ao longo dos beirados dos camiños, en barbeitos, e medra en todas a zonas frescas e de precipitacións relativamente abundantes. En Galiza aparece en lamazais e carreiros.
É nativa do continente eurasiático. En Europa desenvólvese extensamente, dende Escandinavia ao Mediterráneo. En Gran Bretaña considérase mala herba. Nos Estados Unidos introduciuse, achándose principalmente nos estados do norte e do oeste: California, Idaho, Illinois, Maine, Massachusetts, Míchigan, Montana, Nova Jersey, Nova York, Oregón, Pennsylvania e Washington.
En América do Sur naturalizouse na Arxentina. Tamén aparece no norte de África, no continente asiático na India e en Siberia. Amplamente distribuída como mala herba en Nova Zelandia e Australia.
Ecoloxía
editarÉ o alimento das larvas de Cochylis atricapitana, Phycitodes maritima, e Phycitodes saxicolais. É ben coñecida por ser o alimento das eirugas da avelaíña: Tyria jacobaeae.
As larvas absorben os alcaloides da planta que chegan a ser desagradábeis para os depredadores, un feito anunciado polas cores amonestadoras negras e amarelas. O vermello e o negro, cores da avelaíña adulta de actividade diúrna son tamén cores desagradábeis para moitos dos seus depredadores potenciais.
É a planta hóspede para o coleóptero Longitarsus ganglbafueri.
Efectos velenosos
editarÉ unha planta herbácea, coñecida dende hai tempo polas súas propiedades tóxicas, especialmente no gando.
Usos populares
editarÚsase coma hipoglucemiante, venotónico, emenagogo, anteidismenorréico. Está indicada en problemas circulatorios (como en varices), que ademais acelera a aparición da menstruación e que por último combate as molestias ocasionadas polo ciclo menstrual. Cómpre non esquecer que a planta é tóxica: así, sábese que no gando produce importantes lesións hepáticas e que así mesmo estas afeccións pódeas provocar no home. Utilizouse en época medieval até mediados do século XX en inflamacións dos ollos, para dores e úlceras cancerosas, reuma, ciática e gota, para os casos dolorosos.
Cultivo
editarNon se ten información de ningún cultivo nin cultivar existente desta planta.
Sinonimia
editarNotas
editar- ↑ Nomes vulgares galego en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Herba de Santiago |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Herba de Santiago |