Hellín

Hellín é unha localidade e municipio español, pertencente á provincia de Albacete, na Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha. Ten unha poboación de 31.054 habitantes (INE 2008) e un termo municipal de 781,19 km .

Hellín

XeografíaEditar

Hellín está situado ao sueste da provincia de Albacete, na comarca do Campo de Hellín tras o límite meridional da Mancha e as cadeas prebéticas, limitando polo sur coa serra de Segura. A unha altitude media respecto ao mar de 578 metros.

Está limitado ao Norte polo termo de Tobarra, Pozohondo e Albatana; ao Sur por Calasparra (Murcia), Cieza (Murcia), Moratalla (Murcia), ao Oeste por Lietor, Férez e Socovos e ao Leste por Jumilla (Murcia) e Albatana.