Helena García

taekwondista galega

Helena García Suárez, nada na Coruña en 2006, é unha taekwondista galega.

Modelo:BiografíaHelena García
Biografía
Nacemento2006 Editar o valor en Wikidata (17/18 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntaekwondista Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu nunha familia moi vencellada ao taekwondo, sendo filla de Meri Suárez, campioa de Europa e do mundo en categoría máster, e irmá menor de Sara García, campioa de España sénior.[1] Comezou a practicar taekwondo con seis anos e a competir con doce, adestrada pola súa nai no centro de adestramento que esta rexenta na Coruña.[2]

En outubro de 2022 conseguiu a medalla de bronce no Campionato de Europa Júnior celebrado en Lituania e en febreiro de 2023, con só 16 anos, proclamouse campioa de España absoluta na categoría de -73 kg.[2] Ese mesmo ano gañou tamén o título nacional sub-21 e o júnior.[3][4]

  1. Iago, Couce (22 de outubro de 2022). "Helena García: “Sería un sueño ir a los Juegos”". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Helena García, la campeona más precoz de una familia con el taekwondo en las venas". Antena 3 (en castelán). 21 de febreiro de 2023. Consultado o 26 de maio de 2023. 
  3. "La coruñesa Helena García, campeona de España sub 21 de taekwondo con 17 años" (en castelán). 22 de maio de 2023. Consultado o 26 de maio de 2023. 
  4. "Helena García hace un triplete para la historia". DxT Campeón (en castelán). 2 de xullo de 2023. Consultado o 5 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar