Abrir o menú principal

Heinrich Harrer, nado en Hüttenberg (Carintia) o 6 de xullo de 1912 e finado en Friesach o 7 de xaneiro de 2006, foi un montañeiro, deportista, xeógrafo e escritor austríaco.

Heinrich Harrer
Harrer Frankfurt 1997.jpg
Heinrich Harrer, 1997
Nacemento6 de xullo de 1912
 Hüttenberg, Austria Austria
Falecemento7 de xaneiro de 2006 (93 anos)
 Friesach, Austria Austria
NacionalidadeAustria
Alma máterUniversidade de Graz
Ocupaciónexplorador, fotógrafo, montañista, esquiador alpino, escritor, guionista, xeógrafo e golfista
CónxuxeCharlotte Wegener (1938)
Margarethe Truxa (1953)
Katharina Haarhaus (1962)
XénerosViaxes
PremiosGran Cruz da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, Grand Gold Decoration of Styria, Light of Truth Award e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Dende 1933 ata 1938 estudou xeografía e practicou deporte na Universidade Kart Franzen da cidade de Graz. Alí converteuse en membro da tradicional agrupación estudantil ATV Graz. Competiu nos Xogos Olímpicos de inverno de Berlín en Garmisch-Partenkirchen na competición de esquí alpino combinado. Pese ó que nalgunha ocasión afirmou, non gañou nunca unha medalla olímpica.

Harrer realizou a primeira ascensión da cara norte do Eiger en Suíza con Anderl Heckmair, Fritz Kasparek e Ludwig Vörg o 24 de xullo de 1938. Esta escalada cóntase no libro The White Spider: The Classic Account of the Ascent of the Eiger.

É especialmente coñecido polo seu libro Seven Years in Tibet no que relata os seus viaxes polo Tíbet durante a Segunda Guerra Mundial e anos despois, nos que coñece ó Dalai Lama. En 1997 estreouse un filme baseado no seu libro, chamado Seven Years in Tibet, no que Brad Pitt interpretou a Harrer.

PublicaciónsEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar