Hein Eersel

lingüista e político surinamés

Christiaan Hendrik "Hein" Eersel, nado en Paramaribo o 9 de xuño de 1922, e finado ibídem o 11 de xuño de 2022, foi un lingüista e investigador cultural surinamés.[1][2]

Infotaula de personaHein Eersel

(1986) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(nl) Christiaan Hendrik Eersel Editar o valor em Wikidata
9 de xuño de 1922 Editar o valor em Wikidata
Paramaribo (Imperio Holandés) Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xuño de 2022 Editar o valor em Wikidata (100 anos)
Paramaribo, Suriname Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuriname Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Ámsterdam Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Paramaribo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , profesor universitario , lexicógrafo , biblista (pt) Traducir , lingüista , poeta , Suriname studies researcher (en) Traducir , tradutor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Anton de Kom (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaSranan tongo e lingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Foi Ministro de Educación e Desenvolvemento de Poboación durante o goberno do Primeiro Ministro suplente Arthur Johan May. Tamén foi o primeiro reitor da Universidade de Suriname.[3]

Traxectoria editar

Eersel naceu en Paramaribo o 9 de xuño de 1922.[1] Pasou o exame de certificación de profesor asistente en 1942,[4] e o exame de certificación como profesor en 1949.[5] En 1950 viaxou aos Países Baixos, onde estudou a lingua neerlandesa e a súa literatura na Universidade de Ámsterdam.[6] Obtivo o seu diploma en 1956,[7] e posteriormente un doutoramento.[1] Mentres estivo en Ámsterdam, uniuse á organización Wie Eegie Sanie (as nosas propias cousas), fundada por estudantes surinameses para promocionar a lingua sranan tongo e a cultura surinamesa.[8]

Eersel regresou a Suriname en 1959, e comezou a ensinar no Kweekschool voor onderwijzers de Suriname (facultade de formación do profesorado).[9] Máis tarde axudou a estabelecer o Instituto de Formación do Profesorado en Paramaribo.[10] Foi director do Taalbureau (oficina lingüística) e do Bureau Volkslectuur (oficina pública de alfabetización) de 1960 a 1969.[11]

En 1968, converteuse no primeiro reitor da Universidade de Suriname, e tamén foi profesor de lingüística ata a súa xubilación en 1988.[11] Traballou con Max Sordam para publicar un dicionario completo de sranan tongo en 1985.[12] Despois da súa xubilación, visitou os Países Baixos para impartir clases de sranan tongo.[10]

Eersel mantívose activo coa asociación cultural crioula surinamesa NAKS a partir de 2020, liderando o Grupo de Gramática Sranan.[13]

Escritura editar

Eersel editou o primeiro libro de poesía de Johanna Schouten-Elsenhout, Tide ete (1963).[14]

Eersel escribiu unha adaptación escénica da obra O barbeiro de Sevilla de Beaumarchais, que se estreou no Teatro Thalia de Paramaribo en 1960. Aínda que os traxes e a posta en escena de Noni Lichtveld mantiveron a ambientación orixinal na España do século XVIII, Eersel adaptou algúns das brincadeiras e expresións para o público local. Unha recensión dun xornal sinalou que Eersel "puxo unhas cantas expresións auténticas surinameses na boca do noso barbeiro".[15]

O instituto de Nimega de Misioloxía publicou un festschrift para o 80 aniversario de Eersel. Eersel foi un membro activo da Igrexa católica en Suriname e nos Países Baixos,[16] e previamente investigara a historia das traducións da Biblia ao sranan tongo.[17]

Honras editar

Eersel recibiu un doutoramento honoris causa da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Suriname en 2003. Tamén recibiu o premio Gazon Matodya enfocado aos cimarróns da Fundación Sabanapenti, en 2009.[3] En 2013, foi nomeado Grande Oficial da Orde Honoraria da Palma.[18]

Por suxestión da Fundación Henri Frans de Ziel, a rúa Gemenelandsweg de Paramaribo foi renomeada na honra de Eersel logo dunha ampliación en 2019.[19]

Co gallo do 100 aniversario de Eersel, a ministra de Educación, Ciencia e Cultura Marie Levens anunciou a fundación do Instituto Hein Eersel. O obxectivo do instituto será o desenvolvemento de enfoques profesionais da educación multilingüe en Suriname.[2]

Vida persoal editar

Eersel casou con Florence Louise "Floor" Beck,[20] e tiveron cinco fillos.[21][22]

Eersel morreu en Paramaribo[23] o 11 de xuño de 2022, dous días despois do seu centésimo aniversario.[2]

Bibliografía parcial editar

Libros editar

  • Sordam, Max; Eersel, Ch.H. (1985). Sranantongo = Surinaamse taal : een korte inleiding tot het Sranantong[o], met uitgebreide woordenlijst (1st ed.). Baarn: Bosch & Keuning. ISBN 90-246-4495-X. OCLC 781709778. 

Artigos editar

  • Eersel, Christian (1971). "Varieties of Creole in Suriname: Prestige in Choice of Language and Linguistic Form". En Hymes, Dell. Pidginization and Creolization of Languages. Cambridge University Press. pp. 317–322. 
  • Eersel, Ch.H. (1991). "Bijbelvertalingen in het Sranan". OSO 10: 48–56. 
  • Libi naga bribi : enkele aanzetten tot Surinaamse theologie : feestbundel ter ere van Hein Eersel, Nijmegen, Nijmeegs Instituut voor Missiologie, 2002.

Publicacións editar

  • Eersel, Hein (1964). Wie is Surinamer? (en neerlandés). Paramaribo: Drukkerij Lionarons. OCLC 10116838. 

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Onze nieuwe Ministers". Vrije Stem (en neerlandés). 16 de marzo de 1969. p. 1. Consultado o 26 de xaneiro de 2022 – vía Delpher. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Starnieuws, Hein Eersel is niet meer, 11 de xuño de 2022
  3. 3,0 3,1 Fernald, Ivan (18 de novembro de 2020). "Coryfeeën van weleer, tijdvak 1963– 1993 (3)". Starnieuws (en neerlandés). Consultado o 14 de abril de 2022. 
  4. "Onderwijsexamens.". De West (en neerlandés). 21 de outubro de 1942. p. 3. Consultado o 26 de xaneiro de 2022 – vía Delpher. 
  5. "Onderwijs examen". De Surinamer (en neerlandés). 24 de setembro de 1949. p. 2. Consultado o 26 de xaneiro de 2022 – vía Delpher. 
  6. "K.N.S.M. Komen en gaan". Het Nieuws. 27 de outubro de 1950. p. 3. Consultado o 26 de xaneiro de 2022. 
  7. "Academische examens". Het Parool (en neerlandés). 24 de marzo de 1956. p. 5 – vía Delpher. 
  8. Roos-Marie Tummers (15 de decembro de 1989). "Het leven op de achtererven". NRC Handelsblad. p. 20. Consultado o 26 de xaneiro de 2022. 
  9. "Dr. Eersel verwacht". Het Nieuws. 2 de febreiro de 1959. p. 3. Consultado o 26 de xaneiro de 2022. 
  10. 10,0 10,1 Ina van Wijngaarden (10 de decembro de 1988). "Sranan krijgt eindelijk de vrije ruimte". Het Parool. p. 30. Consultado o 26 de xaneiro de 2022. 
  11. 11,0 11,1 "Over de auteurs en samenstellers". Sranan : cultuur in Suriname (en neerlandés). Chandra van Binnendijk, Paul Faber. Ámsterdam: Koninklijk Instituut voor de Tropen. 1995. p. 157. ISBN 99914-0-049-4. OCLC 39182378. 
  12. Sordam, Max; Eersel, Ch.H. (1985). Sranantongo = Surinaamse taal : een korte inleiding tot het Sranantong[o], met uitgebreide woordenlijst (1st ed.). Baarn: Bosch & Keuning. ISBN 90-246-4495-X. OCLC 781709778. 
  13. Aveloo, Tascha (9 de xuño de 2020). "Hein Eersel 98 jaar: 'Een zeer deskundig man maar nooit belerend'". De Ware Tijd. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2020 – vía NAKS. 
  14. van Kempen, Michiel (1993). "In memoriam Granmisi Elsenhout". De geest van Waraku (en neerlandés). Haarlem/Brussel: Uitgeverij Zuid. pp. 203–205. ISBN 978-90-6773-007-5. OCLC 66329044. 
  15. "Thalia-Nieuws: De Barbier van Sevilla". Het Nieuws (en neerlandés). 9 de xullo de 1960. p. 1. Consultado o 22 de abril de 2022 – vía Delpher. 
  16. Bakker, Freek L. (2003). "Libi naga bribi: enkele aanzetten tot Surinaamse theologie". OSO 22 (1): 127–129 – vía DBNL. 
  17. Eersel, Ch.H. (1991). "Bijbelvertalingen in het Sranan". OSO 10: 48–56 – vía DBNL. 
  18. "Decoraties Suriname – Onderscheidingen Republiek Suriname". ere-onderscheidingen.gov.sr. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2022. Consultado o 18 de abril de 2022. 
  19. "Verlengde Gemenelandsweg krijgt nieuwe naam". De West (en neerlandés). 13 de novembro de 2019. Consultado o 26 de abril de 2022. 
  20. "Gevallen". Nieuw Suriname. 21 de maio de 1959. p. 5 – vía delpher.nl. 
  21. "Hein Eersel 99 jaar vandaag". youtube.com (en neerlandés). Ampie's Broadcasting Corporation. 9 de xuño de 2021. 
  22. "Geboren". Het Nieuws. 8 May 1959. p. 2. Consultado o 26 de xaneiro de 2022. 
  23. "beri.nl - Surinaamse Familieberichten - Overlijdensbericht Christiaan Hendrik 'Hein' Eersel". www.beri.nl. Consultado o 2022-06-14.