Heavens to Betsy foi unha banda estadounidense de punk rock formada en Olympia, Washington, no ano 1991. Foi parte do movemento DIY riot grrrl, do punk rock underground de principios dos anos 90, e foi a primeira banda de Corin Tucker, guitarrista e vocalista de Sleater-Kinney.

Heavens to Betsy
OrixeOlympia, Washington,
Período1991 - 1994
Xénero(s)riot grrrl, indie rock, punk rock
Selo(s) discográfico(s)K Records, Chainsaw Records, Yoyo
MembrosCorin Tucker
Tracy Sawyer
Na rede
Bandcamp: heavenstobetsykrs Spotify: 0nMGtVCtOB828z1CYKDzGZ Musicbrainz: 8716a313-c6df-440c-9b74-370e8d79728e Songkick: 248019 Discogs: 320264 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

As membros de Heavens to Betsy eran as compañeiras no Evergreen State College Tracy Sawyer na batería e ocasionalmente no baixo, e Corin Tucker na guitarra e nas voces.[1] Un dos seus primeiros concertos foi na International Pop Underground Convention, organizada polo selo discográfico independente K Records en 1991. Durante unha noite houbo un cartel de só mulleres, bautizado "Love Rock Revolution Girl Style Now", con Heavens to Betsy, Bratmobile, Jean Smith de Mecca Normal e 7 Year Bitch, un evento que é amplamente considerado un dos acontecementos pivotais no nacemento do movemento riot grrrl. O seu primeiro lanzamento foi un sinxelo compartido con Bratmobile editado a través de K Records, considerado unha gravación esencial do riot grrrl. A banda gravou tres sinxelos, o álbum Calculated, e contribuíu a varios recompilatorios mentres estivo activa. Un deses recompilatorios, Free to Fight!, tamén incluía unha canción da banda Excuse 17,[2] onde tocaba Carrie Brownstein. Tucker e Brownstein comezaron a tocar xuntas, e cando Heavens to Betsy se separou a mediados dos anos 90 as dúas mulleres fundaron Sleater-Kinney. Varias das cancións da banda aparecen no videoxogo de 2013 Gone Home, incluído o tema "Complicated", que foi usado nos créditos finais do xogo.[3]

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Calculated 1994 Kill Rock Stars

Notas editar

  1. "Heavens to Betsy | Biography, Albums, Streaming Links". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-12-04. 
  2. "Various - Free To Fight! Self Defense For Women And Girls". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-12-05. 
  3. Farokhmanesh, Megan (2013-03-20). "IGF finalist Gone Home to include music from Heavens to Betsy, Bratmobile". Polygon (en inglés). Consultado o 2019-12-05.