Chainsaw Records

selo discográfico estadounidense

Chainsaw Records é un selo discográfico independente estadounidense dirixido por Donna Dresch que se dedica a bandas de queercore. A discográfica está baseada en Portland, Oregón.

Chainsaw Records
Fundado en1991
FundadorDonna Dresch
Xénero(s)queercore
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
LocalizaciónPortland, Oregón

Historia editar

Chainsaw comezou como un fanzine publicado por Donna Dresch a finais dos anos 80. Entre os músicos e escritores que apareceron no fancine atópanse Lois Maffeo, Jena von Brücker, Juliana Lueking, Candice Pederson, G.B. Jones e Larrybob. Chainsaw foi un dos fancines seminais do queercore que, xunto con J.D.s e Homocore, axudaron a definir o movemento.

"En 1991...Chainsaw evolucionou dun fancine cara un selo discográfico. Isto comezou sinxelamente cando ela fixo un recompilatorio en casete das súas bandas favoritas e comezou a vendelo mentres estaba de xira con Fifth Column",[1] escribiu Amy Spencer no libro DIY: The Rise of Lo-Fi Culture. En 1994 Chainsaw comezou a publicar álbums e sinxelos, empezando con lanzamentos de The Fakes (con membros de Bikini Kill, The Need e Nation of Ulysses), The Frumpies e de Team Dresch. Posteriormente editou, xunto con Candy Ass Records, o recompilatorio editado como disco dobre Free to Fight. "O selo estableceuse como un elemento vital da escena queercore..."[1] escribiu Spencer, cando Chainsaw comezou entón a lanzar discos dunha variedade de artistas queer principalmente mulleres. Bandas como Sleater-Kinney iniciaron as súas carreiras en Chainsaw Records. Ademais, a súa páxina web, en particular o seu taboleiro de mensaxes, fomentaron un sentido de comunidade e proporcionaron un vehículo para a expresión para queers e fans.

Artistas editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Spencer, Amy, 1979- ([2015]). DIY : the rise of lo-fi culture ([Revised and updated 2008. Reprinted 2015] ed.). London: Marion Boyars. ISBN 978-0-7145-3161-8. OCLC 219991791. 

Bibliografía editar