Harry Potter and the Order of the Phoenix (videoxogo)

videoxogo baseado no quinto libro da saga Harry Potter

Harry Potter and the Order of the Phoenix é un videoxogo que está baseado no quinto libro da popular saga Harry Potter de J. K. Rowling e máis na adaptación cinematográfica. O xogo foi creado para Game Boy Advance, Microsoft Windows, Nintendo DS, PlayStation 2,[1] PlayStation 3, PlayStation Portable, Xbox 360, Wii e Mac OS X.[2] Foi posto á venda o 25 de xuño de 2007 nos Estados Unidos, o 28 de xuño en Australia e o 29 de xuño no Reino Unido e Europa para PlayStation 3, PSP, PlayStation 2, Windows e o 3 de xullo para a maioría das demais plataformas.

Harry Potter and the Order of the Phoenix
Desenvolvedor(es)EA Bright Light
Distribuidora(s)Warner Bros. Interactive Entertainment
MotorRenderWare
Lanzamento2007
XéneroAcción
Modos de xogoUn xogador
Clasificación PEGI PEGI 6 (2009-2010).svg
USK USK 12.svg
Plataforma(s)
SerieHarry Potter
Na rede
Páxina oficial
IMDB: tt0944836 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Modo de xogoEditar

O tema do xogo é explorar Hogwarts e seguir a historia do libro e do filme. EA Games fomentou a participación dos fans no desenvolvemento do xogo, así que traballaron cun consello de fans. Porén, a diferenza do xogo anterior (Cáliz de fogo) que era de acción-orientada, desta vez a aventura está no estilo de sandbox. Similar a Grand Theft Auto e Bully, no que Hogwarts é completamente explorable a meirande parte do tempo, e onde hai "puntos para descubrir", os cales proporcionan recompensas para o xogador, que pode ser activados ao completar misións en equipo. Ademais, durante o xogo, hai batallas entre un grupo de estudantes, como se mostra no tráiler do xogo.

ArgumentoEditar

Para máis información, vexa o artigo: Harry Potter e a Orde do Fénix.

Harry Potter, Ron Weasley e Hermione Granger volven á Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, e alí descobren que a meirande parte da comunidade máxica non cre que o retorno de Lord Voldemort sexa certo, tal e como Harry dixo.

Personaxes cos que se pode xogarEditar

(Cos seguintes personaxes de embaixo só se xoga durante unha misión).

Feitizos que se usan no xogoEditar

Feitizos para combaterEditar

  • Expelliarmus, úsase para desarmar ao apoñente (facendo que a súa variña quede fóra do seu alcance).
  • Protego, úsase para desviar os feitizos que che lanzan.
  • Rictusempra, é un poderoso e veloz feitizo.
  • Petrificus Totalus, paraliza o opoñente.
  • Levicorpus, úsase para elevar o corpo do opoñente e cara a arriba e cara a baixo.
  • Expecto Patronum, úsase ao principio contra os dementores, e nunha reunión do Exército de Dumbledore, pero non se usa máis durante o xogo.

Feitizos cos que non se combateEditar

  • Reparo, serve para reparar algunhas cousas estragadas ou rotas.
  • Wingardium Leviosa, úsase para leventar obxectos no aire.
  • Depulso, úsase para empurrar obxectos que impiden o paso.
  • Accio, úsase para convocar obxectos e facer que veñan cara a ti voando.
  • Reducto, úsase para destruír obxectos.
  • Incendio, úsase para queimar obxectos.

NotasEditar

  1. "EA : Harry Potter : Order of the Phoenix" - "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2007. Consultado o 2007-07-04.  - Consultado o 7 de abril de 2007
  2. "EA : Harry Potter : Order of the Phoenix" - "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2007. Consultado o 2007-07-05.  - Consultado o 7 de abril de 2007

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar