Hardcore, un mundo oculto

(Redirección desde «Hardcore (filme)»)

Hardcore, un mundo oculto[1] (en inglés Hardcore) é un filme estadounidense de 1979 escrito e dirixido por Paul Schrader, con George C. Scott como protagonista. Foi galardoado co Oso de Ouro da Berlinale.

Trama editar

Jake Van Dorn (George C. Scott) é un próspero empresario local en Grand Rapids (Míchigan), de fortes conviccións calvinistas. Van Dorn é o pai de Kristen, unha moza silenciosa e conservadora que inexplicabelmente desaparece durante unha viaxe patrocinada pola igrexa con destino California. Contrata daquela seu pai un investigador privado, Andy Mast (Peter Boyle) dos Ánxeles, e finalmente aparece unha película de 8mm da filla na compaña de dous homes. Van Dorn decátase daquela de que a filla marchara para entrar no submundo da pornografía, pasando por unha odisea a través deste underground adulto.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 2 de novembro de 1991. Páx. 79

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar