Hannah Montana
Hannah Montana é unha serie de televisión estadounidense creada por Michael Poryes, Richard Correll e Barry O'Brien que comezou a emitirse o 24 de marzo de 2006 en Disney Channel coproducida por It's a Laugh Productions e filmada en Hollywood, xunta con That's So Raven é un dos programas máis exitosos da cadea e a súa banda sonora foi un dos discos máis vendidos en 2006.
![]() Miley Cyrus durante a xira como Hannah Montana. | |
Xénero | Sitcom |
---|---|
Creado por | Michael Poryes Rich Correll Barry O'Brien |
Intérpretes | Miley Cyrus Emily Osment Mitchel Musso Jason Earles Moisés Arias Billy Ray Cyrus |
Tema de apertura | "The Best of Both Worlds" por Miley Cyrus |
País de orixe | ![]() |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 4 |
Episodios | 98 |
Produtor(es) executivo(s) | Steven Peterman Michael Poryes |
Duración | 23–24 minutos |
Canle de orixe | Disney Channel |
Formato de son | Stereo |
Primeira emisión | 24 de marzo de 2006 |
Derradeira emisión | 16 de xaneiro de 2011 |
Páxina web |
ArgumentoEditar
A serie trata de Miley Stewart, interpretada por Miley Cyrus, unha estudante adolescente de catorce anos que vai vivir a Malibú co seu irmán máis vello, Jackson (Jason Earles) e seu pai Robby (Billy Ray Cyrus), compositor de música. Miley leva unha vida paralela pola noite como Hannah Montana, famosa cantante pop que oculta a súa identidade real ó publico, a non ser ós seus amigos íntimos, Lilly e Oliver, e á familia. Con todo, malia as vantaxes da fama, o que quere en realidade Miley é vivir unha vida como a de calquera rapaza da súa idade.
O 10 de abril de 2009 estreouse un filme baseado na serie, Hannah Montana: The Movie. A serie leva tres tempadas en antena e está prevista que a cuarta, que se gravará en 2009 para emitirse a comezos de 2010.
Este artigo sobre televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |