Hanami

festa da cerdeira en flor do Xapón

Hanami (花見, lit. "ollar flores") é a tradición xaponesa de ollar a beleza das flores, mais polo xeral asóciase esta verba ao período no que floran as cerdeiras e na que os xaponeses asisten en masa a parques e xardíns a contemplar as súas flores (sakura). De finais de marzo a principios de abril, as cerdeiras rosean por todo Xapón, de sur a norte acorde aos distintos climas existentes nas diversas rexións. As primeiras cerdeiras do ano florean nas illas de Okinawa a principios de marzo (a rexión máis meridional) e os últimos na illa de Hokkaidō aproximadamente a última semana de abril (a rexión máis setentrional).

Parque do Castelo Himeji.

O prognóstico de florecemento (sakurazensen (桜前線?)) é anunciado cada ano pola oficina de meteoroloxía. Nesta celebración, a xente diríxese aos parques a contemplar as cerdeiras en flor, e habitualmente realizando un xantar, coa familia ou coa empresa (é habitual ver a empregados de empresas gardando os mellores sitios so das cerdeiras con días de antelación). O hanami continua á noite e é chamado yozakura (夜桜 cerdeiras á noite?).

Toyō Itō, famoso arquitecto xaponés, lembraba este feito da súa nenez catalogando como a forma máis fermosa e sinxela de facer arquitectura, a través dos grandes manteis á sombra das cerdeiras.

Lugares tradicionais do hanami editar

Algúns lugares populares do hanami son:

En Toquio:

En Fukui:

En Kioto:

En Osaka:

En Nara:

En Yoshino:

En Himeji:

En Tsuyama:

Controversia editar

No ano 2011, tralo o tremor de terra e o tsunami do 11 de marzo, que deixou case 30 000 mortos e desaparecidos, o daquela gobernador de Toquio, Shintarō Ishihara, solicitou á poboación que suspendese a celebración deste festival e amosase a súa solidariedade con Tohoku,[1] o que provocou un intenso debate no Xapón sobre se debía celebrarse ou non o hanami ese ano.[2]

Notas editar

  1. "Japón: De país donante a receptor de ayuda". IPS: Inter Presss Service. 13 de abril de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2015. 
  2. "Tradiciones de Japón: Hanami unas de las mejores tradiciones en el mes del cerezo". Japón Total. 1 de maio de 2011. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2015. Consultado o 7 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas (en inglés) editar