Han Wudi
Han Wudi nado o 156 a. C. e finado o 29 de marzo de 87 a. C., foi o sexto emperador da dinastía Han de China.[1]
Han Wudi | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | 劉徹 |
Nacemento | 7 de xuño de 156 a. C. |
Lugar de nacemento | Changan |
Falecemento | 29 de marzo de 87 a. C. |
Lugar de falecemento | Changan |
Nacionalidade | Western Han |
Etnia | Pobo han |
Ocupación | poeta |
Pai | Imperador Jing de Han |
Nai | Imperatriz Wang Zhi e Empress Wang |
Cónxuxe | Imperatriz Chen Jiao, Imperatriz Wei Zifu, Lady Wang, Li Ji, Li Furen, Lady Yin, Xing Xing'e e Gouyi |
Fillos | Liu Ju, Zhaodi, Liu Hong, Liu Dan, Liu Xu, Liu Bo, princess Weichang, princess Zhuyi, princess Shiyi, princess Eyi, princess Yangshi e princess Yian |
Irmáns | Princess Pingyang, Princess Nangong, Princess Longlü, Jin Su, Liu Rong, Liu Pengzu, Liu Cheng, Liu Ji, Liu De, Liu Fa, Liu Shun, Liu Yue, Liu Eyu, Liu Fei, Prince of Jiangdu, Liu Sheng, Liu Yu e Liu Duan |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Nomes Editar
Han Wudi literalmente significa "emperador Wu -guerreiro- dos Han", en chinés tradicional 漢武帝, chinés simplificado 汉武帝, pinyin Hànwǔdì, Wade-Giles Wu Ti); tamén era chamado Wu de Han, nado como Liu Che (劉徹).
O uso de "Han" (漢) como parte do nome é unha referencia á dinastía Han da que foi parte.
Poesía yuefu Editar
Han Wudi foi un mecenas da literatura e hai varios poemas atribuídos a el[2]. Facilitou un renacemento do Chu ci, a poesía no estilo do antigo reino de Chu na primeira metade do seu reinado, en parte debido ao seu parente Liu An. Empregou poetas e músicos para escribir letras e compoñer melodías e patrocinou coreógrafos e xamáns para organizar movementos de danza e coordinar o espiritual e o mundano. As actuacións resultantes eran rituais de luxo, algúns nocturnos onde cantantes, músicos e bailaríns actuaban coa iluminación proporcionada por miles de fachos.
Unha das principais contribucións do emperador foi a través da Oficina de Música Imperial (yuefu), creada ou ampliada por el. As súas tarefas eran recoller cancións populares, adaptalas e orquestrarlas, así como elaborar material novo. A institución non só recolleu cancións e baladas chinesas, senón tamén cancións baseadas en melodías de Asia Central, con letras novas. Desenvolveuse a transmisión dun estilo particular de poesía, que pasou a ser coñecido como yuefu.
Goberno Editar
Gobernou entre o 141 e o 87 a. C. É lembrado principalmente pola grande expansión territorial que tivo lugar baixo o seu reinado, así como polo potente e centralizado Estado confuciano que organizou.[3] É citado na historia chinesa como un dos máis grandes emperadores xunto co emperador Taizong da Dinastía Tang e o emperador Kangxi da Dinastía Qing.
Predecesor: Jing de Han |
Emperador da China 141 – 87 a. C. |
Sucesor: Zhao de Han |
Notas Editar
- ↑ Paludan, 36
- ↑ Rexroth, Kenneth (1970). Love and the turning year; one hundred more poems from the Chinese. [New York, New Directions Pub. Corp.] ISBN 978-0-8112-0179-7.
- ↑ Pollard, Elizabeth (2015). Worlds Together Worlds Apart. 500 Fifth Avenue, New York, N. Y. 10110: W. W. Norton & Company, Inc. p. 238. ISBN 978-0-393-91847-2.
Véxase tamén Editar
Outros artigos Editar
Bibliografía Editar
- Paludan, Ann (1998). Chronicle of the Chinese Emperors: The Reign-by-Reign Record of the Rulers of Imperial China. New York, New York: Thames and Hudson. ISBN 0-500-05090-2
Ligazóns externas Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Han Wudi |