Halldór Már
Halldór Már Stefánsson, nado en Reiquiavik (1972), é un cantautor e guitarrista islandés. A súa música está baseada no folk acústico e alternativo. É tamén compoñente do grupo de pop/rock Wiggum.
![]() (2016) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xullo de 1972 ![]() Reiquiavik, Islandia ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Islandia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante ![]() |
Lingua | Lingua islandesa, lingua inglesa e lingua catalá ![]() |
Premios
| |
Páxina web | darumarecords.net ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFoi músico dende pequeno, cando lle daba ás potas e tixolas da súa nai nunha pequena vila de Islandia. Inicia os seus estudos de guitarra co profesor Örn Vinðar Erlendsson no Conservatorio de Akureyri. En 1993, trasládase a Barcelona para realizar estudos de perfeccionamento de guitarra na Escola Luthier d'Arts Musicals cos profesores Arnaldur Arnarson e Alex Garrobé. Participou como activo en cursos internacionais con mestres como David Russell, Hopkinson Smith, Manuel Barrueco ou José Tomás Pérez Seles. Máis adiante percorre Islandia e España como solista e forma parte de "Mosaic, Barcelona’s Guitar Quartet".
En 2004, colabora no disco "Amb les mans" do compositor e guitarrista Eduard Rodés interpretando unha peza chamada "La Luz" e inspirada na vida de Ferrer i Guàrdia, coñecido librepensador fusilado no ano 1909 por mor dos disturbios da Semana Tráxica.
En 2006, o mesmo Eduard Rodés edita un novo disco baixo o nome "República Mediterránea", onde Halldor Mar volve colaborar interpretando o tema "Al Iskandariyah".
En 2009, lanza o seu primeiro álbum en solitario, Simple, baixo o selo Daruma Records. O disco grávase no estudo El Tostadero coa axuda do produtor Marc Molas.
Halldor Mar é tamén membro do grupo Wiggum, que tras a súa formación en 2009, edita en febreiro de 2010 o seu primeiro álbum chamado Sintón Nisón ama a Nifú Nifá, gravado no estudo Micromaltese con Cacho Salvador (de "Extraperlo") como produtor.