Hail to the Thief

álbum de Radiohead de 2003

Hail to the Thief é o sexto álbum de estudio da banda inglesa de rock alternativo Radiohead, editado o 9 de xuño do 2003 polo selo Parlophone. Estreouse no número 1 no Reino Unido e no 3 nos Estados Unidos, onde vendeu máis copias na súa primeira semana que os anteriores álbums de Radiohead. Os seus sinxelos foron "There There", "Go to Sleep" e "2 + 2 = 5".

Hail to the Thief
Álbum de Radiohead
Gravaciónsetembro do 2002 - febreiro do 2003
Estudio(s)Ocean Way, Hollywood, California
Duración56:35
Xénero(s)rock alternativo, art rock, música electrónica, rock experimental
Selo(s)Parlophone
Producido porNigel Godrich, Radiohead
Cronoloxía
Amnesiac Hail to the Thief COM LAG (2plus2isfive)

Despois de dous álbums de Radiohead con voces fortemente procesadas, menos guitarra e moita influencia da música electrónica e o jazz, Hail to the Thief é un pequeno regreso ás vellas influencias de rock alternativo da banda. Con preto dunha hora de duración, Hail to the Thief é o álbum máis longo da banda, aínda que moitos dos seus temas teñen unha lonxitude de sobre tres minutos, máis curta que a media da banda.

Hail to the Thief foi elixido o cuarto mellor disco do ano pola publicación de Internet Pitchfork Media, na súa lista dos 50 mellores álbums do 2003[1].

Título

editar
A frase Hail to the Thief ("Saúdo ao ladrón") foi utilizada polos manifestantes durante a polémica sobre as eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2000.

Os Radiohead consideraron titular o álbum The Gloaming (que significa "crepúsculo" ou "solpor"), pero isto foi rexeitado por ser demasiado "poético" entre outros motivos e así converteuse no subtítulo do álbum. Outros títulos considerados foron Little Man Being Erased, The Boney King of Nowhere e Snakes and Ladders, que se converteron nos títulos alternativos de "Go To Sleep", "There There" e "Sit Down. Stand Up".[2]

O uso de títulos alternativos inspirouse nos playbills vitorianos que mostraban cancións moralistas interpretadas nos music halls. A frase Hail to the Thief, "Salve ao ladrón" foi utilizada polos manifestantes anti-Bush como unha parodia do "Hail to the Chief", o himno presidencial estadounidense.[3]

Radiohead escolleu o título en parte en referencia a Bush, pero tamén en resposta ao auxe da intolerancia xeral e da loucura. O título tamén fai referencia á filtración dunha versión inacabada do álbum antes do seu lanzamento.[2]

Listaxe de cancións

editar

Todos os temas compostos por Radiohead.

  1. "2 + 2 = 5 (The Lukewarm.)" - 3:19
  2. "Sit down. Stand up. (Snakes & Ladders.)" - 4:19
  3. "Sail to the Moon. (Brush the Cobwebs out of the Sky.)" - 4:18
  4. "Backdrifts. (Honeymoon is Over.)" - 5:22
  5. "Go to Sleep. (Little Man being Erased.)" - 3:21
  6. "Where I End and You Begin. (The Sky is Falling in.)" - 4:29
  7. "We suck Young Blood. (Your Time is up.)" - 4:56
  8. "The Gloaming. (Softly Open our Mouths in the Cold.)" - 3:32
  9. "There there. (The Boney King of Nowhere.)" - 5:23
  10. "I will. (No man's Land.)" - 1:59
  11. "A Punchup at a Wedding. (No no no no no no no no.)" - 4:57
  12. "Myxomatosis. (Judge, Jury & Executioner.)" - 3:52
  13. "Scatterbrain. (As Dead as Leaves.)" - 3:21
  14. "A Wolf at the Door. (It Girl. Rag Doll.)" - 3:21
  1. "Pitchfork Media - Top 50 Albums of 2003". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2011. Consultado o 10 de outubro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 Xfm London, ed. (2 de xullo de 2003). "Thom Yorke sobre 'Hail to the Thief'". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2012. 
  3. Bendat, p.70.

Véxase tamén

editar