Haematobia exigua

especie de insecto

Haematobia exigua
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Diptera
Familia: Muscidae
Subfamilia: Muscinae
Tribo: Stomoxyini
Xénero: Haematobia
Especie: Haematobia exigua'
Meijere, 1906
Sinonimia

Haematobia exigua é unha especie de díptero da familia Muscidae. A especie está presente e é abondosa en Australia, vivindo en Australia Occidental, Territorio do Norte, Queensland e Nova Gales do Sur. É considerada unha praga e causa moitos danos ao gando vacún. Como pertence ao xénero Haematobia, debe alimentarse do sangue do gando para sobrevivir, cortando a súa pel coas súas pezas bucais.

En 1928-1930 os entomólogos australianos Mabel Josephine Mackerras e Ian Murray Mackerras fixeron importantes investigacións sobre esta mosca, incrementando o coñecemento dos métodos do seu control. A investigación de Josephine Mackerras sobre as infestacións desta mosca publicáronse en moitos artigos, asinados por ela soa ou en colaboración co seu marido e colega Murray Mackerras.[1]

Notas editar

  1. Williams, Lesley. Mackerras, Mabel Josephine (Jo) (1896–1971). Australian Dictionary of Biography (en inglés) (Canberra: National Centre of Biography, Australian National University). Consultado o 2022-11-02. 

 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.