HMAS Supply (AOR1)
O HMAS Supply (A195) é un buque militar de apoio loxístico da RAN (Royal Australian Navy) construído na ría de Ferrol por Navantia.[1]
HMAS Supply (A195) | |
---|---|
HMAS Supply (A195) en construción en Navantia Ferrol. | |
Historial | |
Estaleiro | Fene-Ferrol, Navantia |
Clase | Clase Cantabria |
Tipo | AOR (Auxiliary Oil Replineshment) |
Operador | Real Armada Australiana (Royal Australian Navy) |
Botado | 23 de novembro de 2018 |
Destino | en construción |
Características xerais | |
Desprazamento | 19 500 t |
Eslora | 173,9 m |
Manga | 23 m |
Puntal | 12 m |
Calado | 8 m |
Propulsión | 2x MAN 18V 32/40 (Navantia) motor principal 4xMAN 7L21/31 xeradores (Navantia). Un só eixo, unha hélice. Outra hélice a proa. |
Velocidade | 20 nós |
Autonomía | 6 000 m.n. a 13 nós |
Tripulación | 122 persoas |
Capacidade | 1 450 m3 de JP5 jet fuel 8 200 m3 diésel marino 1 400 m3 auga potable 270 toneladas de munición 470 toneladas de provisións |
Aeronaves | 1 helicóptero |
Número IMO: ? Número MMSI: ? Sinal de chamada: ? Rexistro: Lloyd's Register |
O HMAS Supply vén sendo o segundo buque na RAN que leva este nome, o anterior era o HMAS Supply (AO 195). A orixe está no nome dun dos once buques que formaban a primeira frota da colonia europea que en 1787 partiu de Inglaterra cara Nova Gales do Sur, actual Australia, con 1.487 persoas (dos cales 778 eran presos).[2]
O buque está baseado no deseño do Cantabria (A-15) de Navantia para a Armada Española. A RAN contratou a construción de dous buques loxísticos: HMAS Supply (AOR1) e HMAS Stalwart (AOR2). A construción iniciouse o 19 de xuño de 2017 en Navantia Fene (Astano), sendo botado o 23 de novembro de 2018 en Navantia Ferrol. O custe dos dous buques foi de 417 millóns de euros.[3]