HCK Salamat
O HCK Salamat é un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Kirkkonummi (Finlandia). Actualmente compite na III-divisioona, a quinta categoría do hóckey sobre xeo finés, se ben entre o 2003 e o 2008 xogou na segunda categoría, a Mestis. Xoga os seus partidos como local no Varuboden Areena, un pavillón con capacidade para 1.000 espectadores.
HCK Salamat | |
---|---|
Fundación | 2002 |
Cidade | Kirkkonummi, Uusimaa Finlandia |
Estadio | Varuboden Areena (1.000 espectadores) |
Liga | III-divisioona |
Adestrador | Mika Taurivuo |
Cores | Azul e branco |
Na rede | |
Historia editar
O Salamat foi coñecido anteriormente como EPS (Espoon Palloseura). O EPS xogaba na Suomi-sarja, a terceira categoría do hóckey sobre xeo finés. No 2001 o equipo trasladouse de Espoo a Kirkkonummi e mudou o seu nome polo de HC Salamat, ascendendo á segunda categoría ao ano seguinte de adoptar a súa nova denominación.
Denominacións editar
- HC Salamat (2002-2009)
- HCK Salamat (2011-)
Xogadores editar
Xogadores destacados editar
Véxase tamén editar
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Ligazóns externas editar
- Sitio web oficial (en finés)