HALCA

Observatorio radioastronómico xaponés.

HALCA (acrónimo de Highly Advanced Laboratory for Communication and Astronomy), orixinalmente nomeado como Muses B e logo rebautizado como Haruka (moi lonxe en xaponés) foi un observatorio espacial da axencia xaponesa ISAS lanzado o 12 de febreiro de 1997 mediante un foguete M-5 desde o Centro Espacial de Uchinoura.[2][5][6]

HALCA / Muses B / Haruka
TipoCientífico
OrganizaciónISAS
Data de lanzamento12 de febreiro de 1997, 4:50 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorM-5[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Uchinoura[2][6]
Obxectivo da misiónObservación astronómica no rango das ondas de radio.[2][6]
NSSDC ID1997-005A
Masa830,0 kg[2][5][6]
Potencia2,5 vatios[2]
Datos orbitais
Semieixo maior17.280 km[1]
Inclinación31,2 graos
Apoapse21.286 km[1]
Periapse531,9 km[1]

Características editar

HALCA foi lanzado para facer observacións astronómicas no rango das ondas de radio. Levaba a bordo unha antena despregable en forma de prato de 8 metros de diámetro formado por arames de molibdeno recubertos de ouro coa que observar en frecuencias de 1,6, 5 e 22 GHz e poder facer interferometría de moi longa base en conxunción con observatorios radioastronómicos situados en terra. O seu obxectivo principal era facer observacións de moi alta resolución grazas ó método de interferometría para poder medir os movementos dos chorros dos quasares e das fontes máser galácticas.[2][5]

HALCA foi lanzado para unha duración de entre 3 e 5 anos, pero funcionou máis alá do especificado. O satélite foi apagado e deixado fóra de servizo o 30 de novembro de 2005.[7] Ray Experiment Telescope)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "HALCA (MUSES B)" (en inglés). Consultado o 11 de abril de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (14 de maio de 2012). "HALCA" (en inglés). Consultado o 11 de abril de 2013. 
  3. "Note verbale dated 24 April 1998 from the Permanent Mission of Japan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (98-53436): 2. 13 de maio de 1998. Consultado o 26 de marzo de 2020. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Muses B / Haruka" (en inglés). Consultado o 11 de abril de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Muses B (HALCA, VSOP, Haruka)" (en inglés). Consultado o 11 de abril de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "Haruka" (en inglés). Consultado o 11 de abril de 2013. 
  7. JAXA, ed. (2013). "HALCA" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2011. Consultado o 11 de abril de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar