Hórreo tipo Carballo

O hórreo tipo Carballo é un tipo de hórreo galego que se dá en zonas da comarca de Bergantiños. A súa área de distribución é moi reducida e nela convive con outras tipoloxías propias de áreas limítrofes.[1]

Características editar

Morfoloxía editar

É un hórreo rectangular con suspensión de cepas transversais coroadas por rateiras. Comparte moitas características co hórreo bergantiñán, pero a principal diferenza estriba en que os penais son de fábrica, a modo de prolongación vertical das cepas dos extremos. A cámara é continua exteriormente, salvo nos hórreos máis longos, nos que os costais están divididos en tramos.

O tellado é a dúas augas. Ten un beiril pouco asomado que se aloxa baixo sobrepenas de pouco grosor. Non faltan os elementos terminais. A porta da cámara vai nun dos penais, pola altura da suspensión ten escaleira de fábrica paralela ao penal.

Construción editar

A cámara está soportada por unha grade de madeira constituída por fortes trabes que descansan sobre os tornarratos, que coroan cepas de cachotería. Os panos de peche están formados por doelas verticais de madeira aseguradas por dúas faixas. Sobre a cámara, o tellado é de tella cerámica curva sobre taboado de madeira.

Notas editar

  1. Martínez Rodríguez, I. El hórreo gallego. Fundación Pedro Barrié de la Maza. A Coruña, 1975. ISBN 84-85728-00-9.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar