Hérilo
Hérilo (latín: Herillus, grego: Ἥριλλος) foi un filósofo estoico romano nado en Cartago, discípulo de Zenón de Citio.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 280 a. C. Cartago, Tunisia |
Morte | valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | filósofo |
Período de tempo | Período helenístico |
Período de actividade | (Con vida en: 250 a. C. ) |
Movemento | Estoicismo |
Profesores | Zenón de Citio |
Traxectoria
editarNon se limitou nas súas opinións a seguir literalmente ao mestre, senón que algunhas das súas doutrinas diferían (e opoñíanse) ás de Zenón. Para el o principal ben era o coñecemento ἐπιστήμη. Este concepto foi mesmo atacado por Cicerón, quen di que as súas ideas foron iamdiu fracta et extincta ("hai moito tempo rexeitadas e rematadas") e tamén por Cleantes.
Escribiu algúns libros, que segundo Dióxenes Laercio eran curtos pero con moita forza: Περὶ ἀσκήσεως, Περὶ παθῶν, Περὶ ὑπολήψεως, Νομοθέτης, Μαιευτικός, Ἀντιφέμων διδάσκαλος, Διασκενάζων, Εὐθύνων, Ἑρμῆς, Μήδεια, Διαλογοι, e Θέσεις ἠθικαί[1]