Hélène Metzger

filósofa francesa

Hélène Metzger, nada en Chatou o 26 de agosto de 1889 e finada de camiño a Auschwitz o 7 de marzo de 1944 foi unha filósofa e historia da ciencia francesa.[1] Nos seus escritos centrouse principalmente na historia da química. Foi asasinada no Holocausto.

Modelo:BiografíaHélène Metzger
Biografía
Nacemento26 de agosto de 1889 Editar o valor en Wikidata
Chatou, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte7 de marzo de 1944 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Auschwitz, Polonia Editar o valor en Wikidata
ResidenciaLión Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofa Editar o valor en Wikidata
Influencias
Cronoloxía
7 de marzo de 1944-10 de marzo de 1944Transport from Drancy to Auschwitz Birkenau on 07.03.1944 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteJewish Women's Archive (pt) Traducir,
International Academy of the History of Science (pt) Traducir, Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Hélène Bruhl naceu en 1889 nunha familia xudía de clase media. Era sobriña de Lucien Lévy-Bruhl, un influente antropólogo francés. O seu pai insistiu en que ela e a súa irmá deixasen os seus estudos despois de só tres anos na universidade.[2] En 1912, recibiu un diploma en cristalografía. Casou en 1914, mais enviuvou só un meses despois, tralo que volveu á investigación.[2]

Metgzer foi vítima do Holocausto a causa da súa ascendencia xudía. Cando Francia foi ocupada polos nazis na década de 1940, Metzger inicialmente quedou en París antes de marchar a Lyon, que era parte da chamada zone libre, a finais de 1941.[2] Rexeitou esconderse e foi arrestada pola Gestapo o 8 de febreiro de 1944. Entón foi deportada de Drancy ao campo de concentración de Auschwitz o 7 de marzo de 1944, e foi asasinada ou durante a viaxe ou ao chegar.[2]

A obra de Metzger non foi sempre recoñecida durante a súa vida e nunca obtivo un posto académico, mais na actualidade é unha das poucas historiadoras da ciencia francesas de preguerra amplamente lida.[2] A causa da súa morte prematura, a súa obra é breve en tamaña, mais non obstante foi influente. Publicou nove libros, trinta e seis artigos e numerosas recensións.[3] Contemporáneos dela como Gaston Bachelard e Émile Meyerson citaron habitualmente as súas obras, e Thomas Kuhn, na introdución do seu libro The Structure of Scientific Revolutions (1962) refírese a ela como unha das súas principais inspiracións.

En 1918, Metgzer presentou unha tese sobre a emerxencia da ciencia dos cristais. Durante as décadas de 1920 e 1930 publicou seis libros sobre a historia da química nos séculos XVII e XVIII mentres vivía co diñeiro do seu dote.[2]

Publicacións

editar
  • La genèse de la science des cristaux (1918)
  • Les doctrines chimiques en France du début du XVIIe à la fin du XVIIIe siècle (1923)
  • Les Concepts scientifiques (1926)
  • Newton, Stahl, Boerhaave et la doctrine chimique (1930)
  • La chimie (1930)
  • La Philosophie de la matière chez Lavoisier (1935)
  • Attraction universelle et religion naturelle chez quelques commentateurs anglais de Newton (1938)
  • La Science, l'appel de la religion et la volonté humaine (1954)
  • La Méthode philosophique en histoire des sciences(1987) (ed. Gad Freudenthal)
  • "Extraits de lettres, 1921–1944," in Gad Freudenthal Études sur / Studies on Hélène Metzger (1990), pp. 247–269.
  1. Freudenthal, Gad (1 de marzo de 2009). "Hélène Metzger 1889 – 1944". Jewish Women: A Comprehensive Historical Encyclopedia. Jewish Women's Archive. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Chimisso, Cristina; Freudenthal, Gad (setembro de 2003). "A Mind of Her Own: Hélène Metzger to Émile Meyerson, 1933" (PDF). Isis (en inglés) 94 (3): 477–491. ISSN 0021-1753. PMID 14626765. doi:10.1086/380655. 
  3. Bowden, Mary Ellen (1990). "Gad Freudenthal, Études sur / Studies on Hélène Metzger (review)". The Beckman Center for the History of Chemistry News 7 (2): 12. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Bensaude-Vincent, B., 'Chemistry in the French tradition of philosophy of science: Duhem, Meyerson, Metzger and Bachelard,' Studies in the History and Philosophy of Science, 36, 2005, pp. 627–648.
  • Chimisso, C., 'Hélène Metzger: The History of Science between the Study of Mentalities and Total History,' Studies in History and Philosophy of Science, 32, 2001, pp. 203–241.
  • Chimisso, C., Writing the History of the Mind - Philosophy and Science in France, 1900 to 1960s, Aldershot, Ashgate, 2008.
  • Chimisso, C. & Freudenthal, G., 'A Mind of Her Own. Hélène Metzger to Émile Meyerson, 1933', Isis, 94, 2003, pp. 477–491.
  • Freudenthal, G. (ed.) Études sur / Studies on Hélène Metzger, Leiden, Brill, 1990.