Hámster
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Suborden: Ciurognati
Superfamilia: Miomorfa
Familia: Cricetidos

Un hámster é un roedor pequeno. Existen moitas especies distintas, a maioría distinguidas polas bolsas expandibles sobre as meixelas, as cales van desde as meixelas ata os ombros. Son roedores pertencentes á subfamilia dos múridos (Muridae). As distintas especies agrúpanse en varios xéneros entre os que destacan Cricetus, Mesocricetus e Phodopus.

A maioría dos hámsteres encontrados en tendas de mascotas son hámsteres sirios. Os hámsteres foron empregados en investigaciones científicas para o estudo de múltiples enfermidades.

Descubrimento do hámster sirio

editar

En 1839, o zoólogo británico George Waterhouse achou un hámster en Siria, chamándoo Cricetus auratus, ou hámster dourado. A pel do hámster estivo en exposición nun museo británico. O hámster sirio foi ignorado pola ciencia europea durante século seguinte. Ó redor do ano 1930, o zoólogo e profesor da universidade de Xerusalén Aharoni encontrou unha nai e crías de hámster no deserto sirio. Para cando regresó ó seu laboratorio, a maioría escaparan ou morreran. Os hámsteres remanentes foron doados á Universidade de Xerusalén, onde foron criados con éxito. Debido a que eran levemente maiores en tamaño ós encontrados por Waterhouse chamóuselles Mesocricetus auratus, inda que posiblemente se tratase da mesma especie. Mesocricetus aratus é o nome científico actual do hámster sirio.

 
Hámster
 
O hámster é un roedor

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar