Gwenno Saunders

cantante galesa

Gwenno Mererid Saunders, nada en Cardiff o 23 de maio de 1981, é unha cantante e artista galesa, coñecida artisticamente como Gwenno. Actúa como artista en solitario, e sacou o seu primeiro álbum Y Dydd Olaf con Heavenly Recordings en 2015, e o seu segundo álbum en lingua córnica titulado Le Kov, en 2018.[1][2] Tamén foi cantante no grupo indie pop The Pipettes.

Infotaula de personaGwenno Saunders

(2006) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de maio de 1981 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Cardiff, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónYsgol Gyfun Gymraeg Glantaf (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , música Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2002 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
The Pipettes (pt) Traducir (2005–2011)
Gorsedh Kernow (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoElectropop (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua galesa, Lingua córnica e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoPeski Records (en) Traducir
Heavenly (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiTim Saunders Editar o valor em Wikidata
IrmánsAni Glass (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webgwenno.info Editar o valor em Wikidata
Facebook: Gwennomusic Twitter: gwennosaunders Instagram: gwennosaunders MySpace: gwenno Youtube: UCYT40ijokywDtg2lW9Dr3zQ Bandcamp: gwennoSouncloud: gwenno Spotify: 44mRrrRjaV8iu1VLIKuwty Musicbrainz: 8f5b15bd-0777-4564-9801-17462e5ff715 Songkick: 608190 Discogs: 592899 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Saunders naceu en Cardiff.[3] É a filla do poeta e lingüista córnico Tim Saunders[4] e Lyn Mererid, quen é activista e membro do coro Côr Cochion Caerdydd e traballa como tradutora.[5] Segundo ía medrando, o seu pai faloulle en córnico e a súa nai en galés.[6]

Dende os cinco anos asistiu á Academia de Danza Irlandesa Seán Éireann-McMahon[7] e foi membro do elenco da produción de Michael Flatley Lord of the Dance[8] e Feet of Flames cando tiña 17 anos, interpretando o papel principal desta última na produción de Las Vegas Strip. En 2001, tivo un papel na serie en lingua galesa Pobol y Cwm de S4C, despois do cal conseguiría o seu programa Ydy Gwenno'n Gallu...?. É falante fluída en galés e córnico.[9][10][11]

O 18 de abril de 2019 presentou "Songs from the Edgelands", un programa sobre cancións en linguas minoritarias para BBC Radio 4.[12]

Influencia cultural editar

En outubro de 2018, Kesva an Taves Kernewek declarou que o álbum de Saunders Le Kov contribuíu a un aumento do 15 % no número de persoas que realizaron exames de lingua córnica durante 2018.[13]

Vida persoal editar

Saunders casou co produtor Rhys Edwards,[14] e ten un fillo.[15] En 2019, foi nomeada Bardo de Gorsedh Kernow polos seus "servizos á lingua córnica a través da música e os medios de comunicación".[16]

Saunders apoia o independentismo galés. Ela dixo: "E se hai outras formas de coexistir? E se podemos organizarnos doutro xeito? Hai unha anarquía innata na arte e un potencial absoluto para utilizala para o ben mentres imaxinamos futuros mellores. Queremos continuar unha conversa sobre unha autodeterminación inclusiva botando man do noso pasado, abrazando aos nosos veciños de todo o Reino Unido e do mundo cos brazos abertos, ao mesmo tempo que nos aseguramos de cantar coa mellor canción posible".[17]

Discografía editar

Con The Pipettes editar

Ano Álbum Posición nas listas
UK
2006 We Are The Pipettes 41
2010 Earth vs. The Pipettes

Álbums en solitario editar

Ano Nome Selo Formato Lingua
2014 Y Dydd Olaf Peski, Heavenly Descarga dixital, CD e vinilo Galés e córnico
2018 Le Kov Heavenly Descarga dixital, CD e vinilo Córnico
2022 Tresor Heavenly Descarga dixital, CD e vinilo Galés e córnico

Notas editar

  1. "Gwenno - Y Dydd Olaf". discogs. Consultado o 22 de febreiro de 2016. 
  2. Empire, Kitty (7 de agosto de 2016). "Gwenno review – diversity for the ear". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. 
  3. "Sweeping The Nation: A Friendly Chat With... Gwenno". Sweepingthenation.blogspot.com. 7 de xullo de 2006. Consultado o 13 de agosto de 2015. 
  4. "Gwenno". BBC Wales. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2007. Consultado o 6 de outubro de 2008. 
  5. Snapes, Laura (8 de setembro de 2015). "Gwenno: the ex-Pipette is leading the Welsh-speaking music revival". The Guardian. Consultado o 6 de abril de 2018. 
  6. Williams, Holly (12 de abril de 2018). "The rebirth of Britain's lost languages". BBC. Consultado o 12 de abril de 2018. 
  7. [1] Arquivado 19 de agosto de 2003 en Wayback Machine.
  8. "Dotty about The Pipettes". Manchester Evening News. 15 de febreiro de 2007. Consultado o 29 de agosto de 2015. 
  9. Price, Bernadette. "Gwenno at the Celtic Cafe". Celtic Cafe. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2009. Consultado o 18 de xuño de 2016. 
  10. "Gwenno - in tune, in Cornish!". BBC Cornwall. setembro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2011. Consultado o 6 de outubro de 2008. 
  11. "Gwenno » Artists". WOMAD. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2012. Consultado o 13 de agosto de 2015. 
  12. Radio Times; 13–19 de abril de 2019
  13. "Gwenno 'sparks record numbers' in Cornish exams". BBC News. 20 de outubro de 2018. 
  14. "Introducing GWENNO | The Electricity Club". electricity-club.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2016. Consultado o 2016-08-08. 
  15. Owens, David (2015-11-26). "Welsh Music Prize Winner named as Gwenno Saunders for sci-fi inspired album". Consultado o 2016-08-08. 
  16. "12.8.19 Gorsedh Kernow names 12 new Bards for 2019". Gorsedh Kernow. 12 de agosto de 2019. Consultado o 18 de maio de 2020. 
  17. "Gwenno". yes is more (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-22. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar