Gwallog ap Llaennog
Gwallog ap Llaennog (as variadas ortografías do galés medio inclúen Gwallawc fab Lleynawc; galés standard: Gwallog ap Llëenog ou Llëynog) foi un heroe do Hen Ogledd e probábel rei no século VI do estado posromano de Elmet na zona de Leeds do moderno Yorkshire.
Gwallog ap Llaennog | |
---|---|
Nacemento | 520 |
Falecemento | 586 |
Ocupación | monarca |
Pai | Llaennog ap Masgwid |
Fillos | Ceredig ap Gwallog e Dwywe |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Uniuse a un grupo de reis britóns, que inclúe a Urien Rheged, Rhydderch Hael e Morgant Bwlch de Bryneich, nun intento de vencer aos anglos de Bernicia. Este esforzo fracasou despois da morte de Urien a mans de Llofan Llaf Difo.
Outra tradición asegura que Gwallog máis adiante lle fixera a guerra ao antigo reino de Urien (Rheged) xunto con Dunod Fawr dos Peninos, atacando aos fillos de Urien.
Nalgunhas fontes danlle a Gwallog o epíteto de Marchog Trin, que significa "xinete de batalla". Se a identificación como rei de Elmet for correcta, o seu sucesor sería o seu fillo Ceredig, o derradeiro rei de Elmet, ao que depuxo Edwin de Deira.