Gutiérrez, Cundinamarca
Gutiérrez, cuxo nome indíxena é Chuntiva, é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca que se atopa na provincia de Oriente a 75 km de Bogotá.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Cundinamarca | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 2.350 m | |||
Sitio web | gutierrez-cundinamarca.gov.co… |
Límites
editarGutiérrez limita polo norte cos concellos de Une e Fosca; polo leste co concello de Guayabetal; polo sur occidente coa parte rural do distrito Capital de Bogotá, correspondente á localidade do Sumapaz, (que serve de ponte co concello de Cabrera) e polo sueste co departamento de Meta.
Historia
editarNa época precolombiana, o territorio do actual concello de Gutiérrez estivo habitado polos guapis, búchipas ou macos da Confederación Muisca. En 1539 chegaron Nicolás de Federmán e o seu capitán Pedro de Limpias ó territorio denominado Chuntiva polos muiscas. En 1816 foi fundado o actual concello por Ignacio Gutiérrez Vergara. É na súa honra que o concello leva o seu primeiro apelido.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gutiérrez, Cundinamarca |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficialArquivado 11 de agosto de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)