Gumersindo Rodríguez Liz
político galego
Gumersindo Antonio Rodríguez Liz, nado o 21 de maio de 1951, é un político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de maio de 1951 (73 anos) |
Alcalde do Páramo | |
1983 – | |
Actividade | |
Lugar de traballo | O Páramo |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Traxectoria
editarATS de profesión. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Galega á alcaldía do Páramo e foi elixido alcalde ao sumar o voto dun concelleiro do PSdeG-PSOE. Nas seguintes eleccións municipais enfrontouse a Tomás Paniagua (PP) e acadou a maioría absoluta con Coalición Galega. No ano 1991 presentouse polo Partido Popular. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta.
Predecesor: Julio Moreira Arcos |
Alcalde do Páramo 1983 - actualidade |
Sucesor: no cargo |