Guindastre Edicións

editorial galega

Guindastre Edicións[1] é un selo editorial galego fundado en 2018. A actriz, dramaturga, contadora e produtora teatral Celtia Figueiras é a súa directora e nace no seo da súa compañía, A Xanela do Maxín.

Guindastre Edicións
Logo
Tiposelo editorial
Data de fundaciónoutubro de 2018
Fundador(es)Celtia Figueiras
Organización matrizA Xanela do Maxín
SedeBrión
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Guindastre Edicións botou a andar en outono de 2018[2] coa publicación dun primeiro título U-la Lúa? e con sede social no concello de Brión. O seu catálogo está conformado por álbums e audios libros que combinan o carácter artístico con fins educativos. O selo edita na colección A Xanela do Maxín os textos dos espectáculos desta compañía.

Títulos publicados editar

  • U-la Lúa? (2018)
  • Cantamos? (2018)
  • O Apalpador e a nena sen medo (2019)
  • Pasando a Bóla (2020)
  • A Viaxe de Saira (2021)
  • Toupiciencia (2021)
  • Lúa quere viaxar a… Marte! (2022)
  • O libro da Toupiciencia (2022)

Notas editar

  1. culturagalega.org (2018-12-04). "A nova editorial preséntase mañá na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2023-08-09. 
  2. "Evento: Guindastre edicións | Cultura de Galicia". www.cultura.gal (en castelán). Consultado o 2023-08-09.