A Xanela do Maxín
A Xanela do Maxín é unha compañía de teatro de obxectos, monicreques e formas animadas, con sede en Brión, dirixida por Celtia Figueiras. Fundouse en 2007[1][2] en Esteiro (Muros).
A Xanela do Maxín | |
---|---|
Tipo | compañía de teatro |
Data de fundación | 2007 |
Fundador(es) | Celtia Figueiras |
Sede | Brión |
País | Galicia |
Na rede | |
https://axaneladomaxin.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria
editarIniciou o seu periplo profesional cunha primeira montaxe escénica titulada Chincha rabincha. Dende os seus inicios, a creación artística da Xanela do Maxín caracterízase pola fusión de diferentes disciplinas artísticas, como o teatro de monicreques, o teatro de actor/actriz, o teatro visual ou de obxectos, así como o uso de efectos lumínicos e escenográficos, o espazo sonoro coa música ao vivo. Esta pluridimensionalidade nas súas producións abarca diversas formas de expresión, o que levou a compañía a contar con profesionais especializados en cada un destes ámbitos ao longo dos anos.
A compañía enfócase principalmente á creación de espectáculos interdisciplinares dirixidos ao público infantil e familiar. Outra vertente da súa actividade artística é a produción audiovisual, levando a cabo proxectos como Os Toupiconsellos no ano 2020 ou Toupiciencia, no 2021.[3] Textos teatrais da compañía como U-la lúa?,[4] O Apalpador e a nena sen medo ou A viaxe de Saira foron adaptados a formato libro a través do selo Guindastre Edicións.[5]
Montaxes teatrais
editar- Chincha rabincha (2007)
- En busca da arte (2008)
- Os libros do titiriteiro (2009)
- A caixa de Nuk (2009)
- A pequena Lúa (2009)
- O rei destronado (2010)
- Titeremusicontos (2010)
- O murmurio do mar (2013)
- A paz no peto (2013)
- Só lles falta falar (2014)
- Dondo (2014)
- A obra de Castelao en teatro de sombras (2016)
- Visita teatralizada Camilo José Cela (2016)
- As aventuras de Gale (2017)
- U-la Lúa? (2017)
- Gale, a historia da lingua (2018)
- O apalpador e a nena sen medo (2018)
- A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza (2019)[6]
- Apalpador 3.0 (2019)
- U-la Lúa? na escola (2019)
- A viaxe de Saira (2020)
- A gárgola do mestre Mateo (2021)
- Saira 3.0 (2021)
- Leonardo e os biosbardos (2021)
- Toupiciencia Show (2022)
- Lúa quere viaxar a... Marte! (2022)
- Coliño (2023)
- Sorpresa! (2023)
- Supercoroza. Na eira e na lareira (2023)
- O apalpador e as palabras perdidas (2023)
Producións audiovisuais
editar- Os toupiconsellos (2020)
- Toupiciencia (2021)[3]
Notas
editar- ↑ "A Xanela do Maxín - Unima Federación España" (en castelán). Consultado o 2023-08-02.
- ↑ "A Xanela do Maxín". escenagalega.gal. Consultado o 2 de agosto de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 "Toupiciencia. A xanela do maxín - O Portal da Lingua Galega". www.lingua.gal. Consultado o 2023-08-02.
- ↑ "U-la Lúa". www.guindaste.gal. Consultado o 2 de agosto de 2023.
- ↑ asociacionescritoras-es (2018-12-19). "Nace o selo Guindastre Edicións de álbum ilustrado e audio-libros para cativos | ::Axenda cultural AELG::". Consultado o 2023-08-02.
- ↑ "A toupiña que quería saber… A Xanela do Maxín". vigoplan.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2023. Consultado o 2 de agosto de 2023.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio oficial