Guillermo Barros Cela

sindicalista galego

Guillermo Barros Cela, nado en Vigo o 16 de xullo de 1914 e finado na mesma cidade o 12 de decembro de 2009, foi un sindicalista galego.

Guillermo Barros Cela
Nacemento16 de xullo de 1914
Lugar de nacementoVigo
Falecemento12 de decembro de 2009
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

A finais dos anos vinte militaba no sindicato confeiteiro da UGT de Vigo e contribuíu a facelo pasar en bloque á CNT nos anos trinta. En 1931 foi un dos fundadores das Juventudes Libertarias (FIJL) e en 1934 da Federación Anarquista Ibérica (FAI). En marzo de 1936 era o presidente do Sindicato Único del Ramo de Alimentación de Vigo da CNT.[1]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia no barrio do Calvario, e despois da caída de Vigo estivo agochado tres anos.[2] Ao rematar a guerra puido escapar á represión. Despois dun período de servizo militar obrigatorio participou na reorganización da CNT a principios dos anos corenta. En 1942 era membro do Comité de Vigo con Dalmacio Bragado e despois foi nomeado secretario adxunto da Federación local. Detido en 1947, foi condenado en consello de guerra en Vigo en xuño de 1948 a cinco anos de prisión, e foi encarcerado en Sevilla. Preso na Colonia Penitenciaria Militarizada de Dos Hermanas, saíu en liberdade condicional en setembro de 1949.[3]

A principios dos anos sesenta era membro do comité local da CNT con Víctor Francisco Cáceres e Dalmacio Bragado Ruiz. Partidario da infiltración no sindicalismo vertical (cincopuntismo), converteuse nun dos responsables do sindicato CNS dos confeiteiro de Vigo-Pontevedra. Coa morte de Franco, fixo que o sindicato se adherise en bloque á CNT que se reorganizaba.

Notas editar

  1. Álvarez Castro, Xosé (2019). "Sindicalistas en Vigo (e 2)"
  2. Requisitorias, El Pueblo Gallego, 27-8-1936, p. 3.
  3. BOE, 8-12-1949, p. 5119.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar