Guille Bueno

futbolista galego

Guillermo "Guille" Bueno López, nado en Gondomar o 18 de setembro de 2002, é un futbolista galego que xoga como lateral esquerdo no Borussia Dortmund II. É irmán xemelgo do tamén futbolista Hugo Bueno, xogador do Wolverhampton Wanderers.

Guille Bueno
Información persoal
Nome Guillermo Bueno López
Nacemento 18 de setembro de 2002
Lugar de nacemento Gondomar
Altura 1,78 m.
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual Borussia Dortmund II
Número 3
Carreira xuvenil
–2014 Gondomar
2014–2016 Areosa
2016–2017 Val Miñor
2017–2020 Areosa
2020–2021 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2021– Borussia Dortmund II 48 (1)
Na rede
UEFA: 250187575 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 3 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a xogar ao fútbol xunto ao seu irmán xemelgo Hugo no Gondomar do seu concello natal. En idade cadete pasou xunto a Hugo á canteira do Areosa, no que xogaron nos seguintes anos coa excepción dun intervalo no ED Val Miñor.[1] Durante a tempada 2018/19 compaxinaron o equipo xuvenil do Areosa, da Liga Nacional, co xuvenil do Comesaña, na Liga Galega.

En 2019 Hugo deixou Galicia e ingresou na canteira do Wolverhampton Wanderers inglés, separándose así por primeira vez as traxectorias dos dous irmáns.[2][3] Guille continuou un ano máis no Areosa antes de fichar polo Deportivo da Coruña Xuvenil en 2020.[4] Co equipo de Óscar Gilsanz proclamouse campión da División de Honra e da Copa de Campións, sendo titular na final contra o equipo xuvenil do FC Barcelona, onde formou liña defensiva xunto a Trilli, Fito e Dani Barcia.[5]

Despois dunha tempada na Coruña, fichou no verán de 2021 polo Borussia Dortmund alemán, co que asinou un contrato de tres anos, uníndose inicialmente ao seu equipo filial, o Borussia Dortmund II.[6][7] A súa fichaxe provocou malestar no Deportivo, que criticou que o xogador xa tiña acordada a súa renovación co club galego.[8]

Debutou co filial do Borussia o 24 de outubro de 2021, nun partido da 3. Liga ante o Viktoria Köln no Stadion Rote Erde (0-1).[9]

Notas editar

  1. Refojos, Borja (4 de xullo de 2022). "El futuro, dos veces Bueno" (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2023. 
  2. Gil, Dani (3 de febreiro de 2023). "Hugo Bueno interview: Everybody picks me in fantasy football – even Joao Moutinho" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 3 de febreiro de 2023. Consultado o 16 de setembro de 2023. 
  3. Lara, Miguel Ángel (12 de xullo de 2020). "Hugo Bueno: la familia y uno más". Marca (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2023. 
  4. "Hugo Bueno, del Areosa a los Wolves sin escalas". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de febreiro de 2022. Consultado o 16 de setembro de 2023. 
  5. Antelo, Iván (27 de xuño de 2021). "Noel destroza al Barça y el Dépor alza la Copa de Campeones". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de novembro de 2023. 
  6. Otero, Marcos (16 de agosto de 2021). "Guille Bueno y una historia enrevesada". La Opinión A Coruña. Consultado o 3 de novembro de 2023. 
  7. "BVB verpflichtet Guille Bueno von Deportivo La Coruña - Ex-Klub erwägt nun offenbar Klage" (en alemán). 1 de setembro de 2021. Consultado o 3 de novembro de 2023. 
  8. Yordi, Juan (2 de setembro de 2021). "Carlos Rosende: "El Borussia Dortmund no ha respetado al Deportivo"". Marca (en castelán). Consultado o 3 de novembro de 2023. 
  9. "Guille Bueno debuta con el filial del Borussia". La Opinión A Coruña (en castelán). 28 de outubro de 2021. Consultado o 3 de novembro de 2023. 

Ligazóns externas editar

Véxase tamén editar