Guerra psicolóxica

Na súa definición técnica, guerra psicolóxica, ou guerra sen fusís, é o emprego planificado da propaganda e da acción psicolóxica orientadas a direccionar condutas, na busca de obxectivos de control social, político ou militar, sen recorrer ao uso das armas, ou en forma complementaria ao seu uso.

Como na guerra militar, un plan de guerra psicolóxica está destinado a aniquilar, controlar ou asimilar ao inimigo.

O fin da guerra psicolóxica é destruír a moral do inimigo para lograr a vitoria militar e para iso se empregan dous métodos diferentes, un o militar e outro o político. O método militar practícase nos campos de batalla, directamente contra o combatente, mentres que o método político se dirixe cara a retagarda, basicamente contra a poboación civil.

Desde antes de 1939 practicouse a guerra psicolóxica, pero durante a segunda guerra mundial, tomou características de ciencia, debido a que se poderon empregar técnicas que non se usaron antes, debido ás limitacións que impoñía o desenvolvemento tecnolóxico da época. Pero, á parte das vantaxes que outorgaba a tecnoloxía, a sutileza e o refinamento dos métodos empregados, fixo que as actividades neste campo tomasen características moi especiais durante a segunda guerra mundial.

En sentido figurado, coñécese como guerra psicolóxica ás estratexias e técnicas psicolóxicas que se utilizan nos xogos, en particular en competicións. Por exemplo, en deportes de contacto os competidores a miúdo intentan intimidar ao rival mediante miradas, xestos e frases ameazadoras. Un exemplo disto é o haka, unha danza guerreira que realiza a selección de rugby de Nova Zelandia antes de cada partido.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar