Guerra das Laranxas

(Redirección desde «Guerra das laranxas»)

A Guerra das Laranxas é o nome atribuído ao conflito bélico entre Portugal e España (e Francia) en 1801. As accións militares desenvolvéronse tanto na Península como en América Latina e están enmarcadas no conflito entre Francia e Gran Bretaña materializado na Guerra da Segunda Coalición. Desenvolveuse durante 16 días, principalmente na fronteira luso-española á altura de Estremadura, resultando na incorporación de Olivença a España. Pola súa banda, os portugueses do exército norte tentaron sorprender ás forzas españolas do Sur de Galicia, lanzando un ataque contra a fortaleza de Monterrei. Aínda que fracasaron no seu intento, as forzas lusas foron quen de defender a fronteira ante os repetidos ataques españois, retirándose posteriormente a Chaves ao coñecer a noticia da firma dun armisticio.[1] En América do Sur, resultou na expansión das posesións portuguesas no Brasil (Rio Grande do Sul).

Guerra das Laranxas
Data 1801
Lugar Península Ibérica
Resultado Tratado de Badaxoz (España-Portugal) e Tratado de Madrid (Francia-Portugal)
Inicio das operacións militares na Guerra das Laranxas.

Concluíu cos Tratados de Badaxoz (España-Portugal) e Madrid (Francia-Portugal).

Notas editar

  1. Ventura 2008, pp. 44-50.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Ventura, António (2008). A Guerra das Laranjas, 1801. Lisboa: Academia Portuguesa de História.