Abrir o menú principal

Guerra convencional

A guerra convencional é un tipo de guerra que se realiza utilizando teorías, medios, estratexias e tácticas tradicionais, no contexto dun conflito armado entre dous ou máis estados abertamente hostís. As forzas de ambos bandos quedan ben definidas, adoitan combater en campos de batalla definidos e loitan con armamento cuxo obxectivo primordial é o exército enimigo e as súas infraestruturas. Normalmente, o termo guerra convencional exclúe o uso de armas de destrución masiva e especificamente o uso de armas nucleares.

En xeral, o propósito da guerra convencional é debilitar ou destruír as forzas militares do enimigo, para negarlle a posibilidade de seguir combatendo e obrigar á súa dirixencia política a rendirse. Con todo, pode darse que algún dos bandos utilice tácticas non convencionais para forzar a capitulación. Este feito, e o enorme poder de algunhas armas convencionais contemporáneas, fan que o límite entre guerra convencional e outros tipos de guerra poida ser difuso.

Véxase taménEditar