Abrir o menú principal

Arma de destrución masiva

(Redirixido desde "Armas de destrución masiva")
Explosión nuclear.

As armas de destrución masiva (ADM, en inglés WMD, weapons of mass destruction) son armas capaces de eliminar a un número moi elevado de persoas de xeito indiscriminado e causar grandes danos económicos.

Considéranse armas de destrución masiva as nucleares, biolóxicas e químicas. A expresión foi acuñada en 1937, e referíase ó bombardeo aéreo por parte da Luftwaffe nazi en apoio do exército sublevado na Guerra Civil Española, sendo o caso máis coñecido o de Guernica e os bombardeos sobre a poboación civil desarmada de Barcelona.

O uso actual desta expresión como sinónimo de armas nucleares, biolóxicas ou químicas foi creado na resolución 687 de Nacións Unidas en 1991. Esta resolución refírese á «ameaza que todas as armas de destrución masiva supoñen para a paz e seguridade», e menciona en particular as nucleares, biolóxicas e químicas, así como os tres tratados relevantes ás mesmas:

O uso desta expresión é motivo de controversia. Popularizouse sobre todo durante a crise de desarme iraquí en 2002 e serviu como pretexto para a Guerra de Iraq.

Véxase taménEditar