Gudauta (en Xeorxiano: გუდაუთა, Gudauta; en Abkhazo: Гəдоуҭа, Gwdowtha) é unha cidade e capital do distrito de Gudauta, na Abkhazia. Sitúase no Mar Negro, a 37 km ao noroeste de Sukhumi. Foi a base da Forza Aérea Soviética.

Modelo:Xeografía políticaGudauta
Гәдоуҭа (ab)
გუდაუთა (ka) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°06′N 40°37′L / 43.1, 40.62Coordenadas: 43°06′N 40°37′L / 43.1, 40.62
Estado non recoñecidoRepública de Abkhazia
District of Abkhazia (en) TraducirDistrito de Gudauta Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación8.820 (2020) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Kineshma (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Historia editar

 
10 apsars abkhazos: Gudauta "cidade heroína" na guerra de 1992-1993.

Gudauta foi un dos centros da resistencia separatista de Abkhazia cara ao goberno xeorxiano durante o Conflito de Abkhazia do 1992-1993.

O Aeródromo de Bombora, fóra dos límites da cidade, foi sede das Forzas Airborne da era soviética. A base sempre foi un factor significativo no conflito abcazo. O partido de Xeorxia e moitos observantes occidentais independentes denunciaron que a base de Gudauta proporcionaba apoio militar principal aos rebeldes abcazos durante a guerra de 1992-1993. En setembro de 1995, Xeorxia tivo que lexitimar rexistros de propiedade rusos de tres bases, entre elas a de Gudauta.

Nunha conferencia da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa, en Istambul, no 1999, Rusia acordou desactivar a súa base en Gudauta e retirar as tropas e o equipamento dela. De calquera maneira, as autoridades abcazas bloquearon as visitas dos inspectores da OSCE e aínda non hai data marcada para a retirada da base. Xeorxia aínda alega que esta ofrece apoio militar a Abkhazia.

Despois da guerra de Osetia do Sur de 2008, Rusia recoñece que tratados de axuda a Abkhazia foron asinados entre os dous estados. Este tratado permitía a Rusia conservar a súa base militar en Gudauta e tamén reforzala con tanques T-62, vehículos blindados lixeiros, sistemas de defensa aérea S-300 e varios avións.[1]

A Base de Gudauta fica sendo dun dos maiores problemas nas complicadas relacións entre Xeorxia e Rusia.

Cidades irmandadas editar

Notas editar