O Gudari Eguna, en galego Día do Soldado, é unha data sinalada e conmemorativa reivindicada polas organizacións da esquerda abertzale e celebrada todos os 27 de setembro. Segundo os seus promotores ten como obxectivo lembrar os membros de organizacións armadas mortos na defensa das liberdades en País Vasco.

Celebración do Gudari Eguna (Día do Soldado Vasco) no ano 2006 no porto de Aritxulegi.

Historia editar

O Gudari Eguna comezou a promoverse tras a execución o 27 de setembro de 1975 por parte do réxime franquista dos militantes de ETA Jon Paredes Manot (Txiki) e Angel Otaegi Etxebarria, xunto con tres militantes máis do FRAP.

Na actualidade a celebración pública desta homenaxe adoita ser prohibida polas autoridades xudiciais acusando aos individuos e organizacións convocados de enaltecer o terrorismo.[1][2]

Notas editar

  1. [1]
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2011. Consultado o 28 de abril de 2011.