Guaruba guarouba
especie de paxaro
Guaruba guarouba é unha especie de papagaio neotropical de tamaño medio e cor dourada. É orixinaria da bacía do Amazonas, no interior do norte do Brasil. É a única especie clasificada dento do xénero Guaruba.
Guaruba guarouba | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
A súa plumaxe é maioritariamente amarela brillante, de aí o seu nome común, pero tamén posúe rémixes verdes. Vive nas selvas tropicais máis secas e altas da bacía amazónica do Brasil, e está ameazada pola deforestación e os asolagamentos, e tamén polas trampas ilegais para o comercio de animais de compañía. Aparece na lista do convenio CITES no apéndice I.[2]
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2013). "Guaruba guarouba". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ "Species lists (Appendices I, II and III)". CITES. 1 de xullo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2007.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha da especie en BirdLife International (en inglés)